Nadal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para o mes de nadal vexa decembro
1. Festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret ou Xesús Cristo. A Igrexa Católica, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébranna o 25 de decembro. Algunhas Igrexas Ortodoxas celébranna o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.
Segundo os Evanxellos, Xesús naceu en Belén, Xudea de María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, dacordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría ao mundo do pecado.
As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiana no século II: Os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti (Nacemento do Sol Invicto); por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagana o solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.
A noite do 24 de decembro, celébrase a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Sen embargo, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e puramente comercial, perdendo así o espírito relixioso.