Indio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O indio é un elemento químico de número atómico 49 situado no grupo 13 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é In. É un metal pouco abundante, maleable, fácilmente fundible, químicamente semellante ao aluminio e ao galio, pero máis parecido ao zinc (de feito, a principal fonte de obtención deste metal é a partires das minas de zinc). Entre outras aplicacións, emprégase para formar películas delgadas que serven como películas lubricantes.