Intelectual
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un intelectual é aquela persoa que dedica unha parte importante da súa actividade vital ao estudo e á reflexión crítica sobre a realidade.
O termo intelectual está dotado socialmente dun valor de prestixio. Enténdese que esa actividade adicada ao pensamento ten unha dimensión e unha repercusión públicas consideradas moi valiosas.
O problema diso derivado é que, en moitas ocasións, a aplicación do termo depende do grao de afinidade ideolóxica, política, etc. que teña quen o aplica con respecto da persoa que se estea a considerar.
En España, por exemplo, pode entenderse que o filósofo Julián Marías mereceu o calificativo de intelectual por unha maioría de concidadáns. Sen embargo, en canto nos achegamos a ámbitos da realidade máis conflitivos, a falta de concordancia é máis acusada. Moitos cidadáns non dubidarían en calificar a Ignacio Ramonet de intelectual debido á súa labor periodística e ideolóxica de recoñecido impacto e influencia en sectores progresistas; outros, debido precisamente a esa orientación ideolóxica, rexeitarían o aplicarlle tal calificativo sen dubidalo.
Non existen, por tanto, criterios absolutamente obxetivos para identificar como intelectual a ninguén. Trátase dunha palabra cun significado matizado polas percepcións sociais, o que a converte en inestable e imprecisa.