Josh Homme
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joshua Michael Homme (nado o 17 de maio de 1973 en Palm Springs, California) é un músico estadounidense.
Cando tina 16 anos foi un dos fundadores da banda de desert rock Kyuss, onde era guitarrista e principal compositor, e que separouse no ano 1997. É fundador e único membro permanente da banda de rock Queens of the Stone Age. Tamén é cofundador e toca a batería en Eagles of Death Metal e continúa producindo e editando material nun proxecto musical con outros músicos baixo o nome de The Desert Sessions (no seu propio estudio en Palm Desert).
Homme tamén tocou a guitarra con Screaming Trees e Mark Lanegan (que posteriormente uníuse a Queens of the Stone Age). Outrasbandas ou proxectos nos que colaborou son: Mondo Generator, Foo Fighters, PJ Harvey, Fatso Jetson, Like Hell, Mark Lanegan Band, Masters of Reality, The Aquitted Felons, Millionaire, Wellwater Conspiracy, U.N.K.L.E., Melissa Auf der Maur, Paz Lenchantin, A Perfect Circle, Death from Above 1979, Martina-Topley Bird, Earthlings?, Mastodon, Peaches, and Local H.