Juan Larrea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juan Larrea (Bilbao 1895 - Córdoba, Arxentina 1980) foi un escritor español en francés e castelán
Licenciouse en letras e ingresou no corpo de arquiveiros, pola súa amizade con Gerardo Diego e Vicente Huidobro interesouse pola poesía, que sentía como un refuxio fronte ao mundo mediocre que o rodeaba. En 1926 marcha a París e con César Vallejo funda a revista Favorable-París-Poema, viaxa por América e estuda as culturas precolombinas con fervor. Trala guerra civil española exilíase definitivamente en América. A súa escrita poética, na súa maior parte en francés, é debedora das vangardías, en especial do surrealismo, no que amosa unha audaces imaxes e un irracionalismo radical cunha sintaxe lúcida e clara