Juana Capdevielle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juana Capdevielle San Martín (Madrid, 12 de agosto de 1905 - Rábade, 18 de agosto de 1936), foi unha intelectual, pedagoga e arquiveira española.
Cursou os estudos secundarios en Pamplona para logo licenciarse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, onde tivo como mestre a José Ortega y Gasset e a María Zambrano como compañeira. Ampliou os seus estudos en Alemaña, Bélxica,Francia e Suíza. Traballou na biblioteca universitaria da Facultade onde estudara, así como na do Ateneo. Na súa condición de pedagoga participou como conferenciante, xunto a personalidades como Roberto Nóvoa Santos, Pío Baroja ou Ramón J. Sender nas primeiras xornadas organizadas en España sobre pedagoxía sexual en 1934.
En marzo de 1936 casou co avogado e político, Francisco Pérez Carballo. Trala vitoria do Frente Popular, o seu marido foi designado Gobernador Civil d'A Coruña. Co golpe de Estado en xullo que deu lugar á Guerra Civil, mentres ela se refuxiou en casa de López Abente, o seu marido foi apreixado e executado o día 24 de xullo. Ao chamar ao Goberno Civil para ter novas do seu esposo, comunicóuselle que sería recollida -estaba embarazada- para acompañala xunto a el. Sen embargo, foi detida e encarcerada. Liberada poucos días despois refuxiouse en Vilaboa, en casa do deputado Vitorino Veiga. Na noite do 18 de agosto foi detida de novo por membros da Garda Civil, atopándose o seu corpo ao día seguinte nas proximidades de Rábade, provincia de Lugo.
Na Universidade da Coruña unha aula leva o seu nome.