Kilmarnock F.C.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Kilmarnock Football Club é un equipo de fútbol escocés da cidade de Kilmarnock que se constituiu ben pronto xa que estamos a falar do ano 1869. Desta maneira é o clube escocés de fútbol máis vello. Popularmente se lle coñece por "Killie".
Os seus partidos os xoga no estadio de Rugby Park perante un máximo de 18.128 torcedores.
A primeira equipación está baseada nunha camisola branquiazul a franxas verticais acompañada dun pantalonciño branco e dunhas medias na mesma cor.
[editar] Títulos
- Liga escocesa: Campión nunha ocasión.
- Copa escocesa: Campión en 3 ocasións.