Lei Cero da Termodinámica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leis da termodinámica |
---|
0. Lei Cero da Termodinámica |
1. Primeira Lei da Termodinámica |
2. Segunda Lei da Termodinámica |
3. Terceira Lei da Termodinámica |
A lei cero da termodinámica parte da noción de comparación entre quente e frío. Se observarmos a diferenza térmica polo contacto coa pel podemos chegar a avaliacións erradas de sensación de calor e frío . Porén, é pola observación dos elementos quentes e fríos que chegamos á conceptuación de temperatura .
Logo a lei cero postulouse da seguinte forma: se os corpos A e B están en equilíbrio térmico cun corpo C, entón A e B están en equilíbrio térmico un co outro, ou sexa, a temperatura deses sistemas é a mesma.
Este principio, realmente unha definición, é o que fornece a base para a construción das escalas de temperatura, isto é, para a medición da temperatura.