Primeira Lei da Termodinámica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leis da termodinámica |
---|
0. Lei Cero da Termodinámica |
1. Primeira Lei da Termodinámica |
2. Segunda Lei da Termodinámica |
3. Terceira Lei da Termodinámica |
A primeira lei da termodinámica é a lei de conservación de enerxía aplicada aos procesos térmicos. Nela observamos a equivalencia entre traballo e calor . Este principio pode enunciarse a partir do concepto de enerxía interna. Esta pode ser entendida como a enerxía asociada aos átomos e moléculas nos seus movementos e interacións internas ao sistema. Polo tanto, non envolve outras enerxías potenciais e cinéticas, que o sistema como un todo presenta nas súas relacións co exterior.
Podemos dicir que existe unha función “U”(enerxía interna) cuxa variación durante unha transformación depende unicamente de dous estados, o inicial, e o final. Nun sistema pechado a indicación desta variación dase como :
ΔU = W + Q onde Q é a cantidade de calor recebido polo sistema e W o traballo. As cantidades W e Q son expresadas alxebraicamente.
A enerxía interna defínese como a suma das enerxías cinéticas e de interacción dos seus constituintes.
Este principio enuncía, entón, a conservación de enerxía. De xeito que se tivermos un sistema illado (i.e. o universo) como non pode intercambiar nen calor nen traballo, mantén constante a súa enerxía interna, sen improtaren os procesos que sufra.