Lopo Gómez de Marzoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lopo Gómez de Marzoa natural de San Martiño de Marzoa, no actual concello de Oroso, foi o principal precursor do que na actualidade é a Universidade de Santiago de Compostela.
Pouco se sabe da súa vida. Casado con Maior Fernández Varela foi notario, rexedor de Santiago e recadador das rendas reais nos bispados de Lugo, Mondoñedo e Tui. Sábese que rexentaba a súa notaría por medio de excusadores.
No ano de 1495 fundou, xunto co veciño mosteiro de San Martiño Pinario, no Convento de San Paio de Antealtares un Colexio para estudiantes pobres, que tivo unha efémera vida, ata mediados do ano 1499.
De novo no ano 1501 fundou xunto con Diego de Muros II e Diego de Muros III un Estudio Xeral, coñecido como Estudio Vello, que tivo continuidade ata que no ano 1542 se refundiu co Colexio Novo ou de Santiago Alfeo, promovido polo Arcebispo Alonso III de Fonseca.
Descoñécese a data da súa morte, pero debeu ocorrer cara ao ano 1502, data a partires da cal se perden as referencias sobre a súa persoa.