Convento de San Paio de Antealtares
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura.
Índice |
[editar] Situación
Sitúase no casco vello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, frente a cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a Praza da Quintana.
[editar] Historia
[editar] O mosteiro primitivo
O primeiro mosteiro foi fundado por volta do 830 por Afonso II o Casto e ocupáronno unha ducia de monxes bieitos. En 1077, o abade Faxildo e o bispo Diego Páez chegaron, na Concordia de Antealtares, a un acordo sobre o novo emprazamento do mosteiro, que se situaba diante dos tres altares, na honra do Salvador, de San Pedro e de San Xoán. Neste mosteiro disque compuxo o bispo San Pedro de Mezonzo o himno "Salve Regina". Nos anos de decadencia, os monxes bieitos abandonáronno case en ruínas (derrubouse en 1256) e instaláronse en San Martiño Pinario.
[editar] O Estudio de Gramática
O 4 de setembro de 1495 otorgánse as escrituras de doazón de tódalas dependencias do mosteiro agás a igrexa para que Lopo Gómez de Marzoa funde nel un colexio para estudantes pobres, o coñecido como Estudio de Gramática, xérmolo da Universidade de Santiago de Compostela.
En 1499 foi ocupado por unha comunidade de monxas bieitas de clausura, que nel permanece até hoxe.
[editar] Drescrición
[editar] A igrexa
A construción da igrexa, encetada en 1700, durou nove anos e iniciouna Frei Gabriel de Casas, iniciándose no ano 1699 coa demolición da anteior iglesia. No 1703 a comunidade benedictina retira a súa confianza o arquitecto (pola lentitude das obras), sendo Pedro garcía quen continúe as obras, seguindo as trazas xa iniciadas. O novo templo inaugurarase solemnemente no ano 1707.
A fachada é sinxela pero monumental e mostra a San Paio mártir. A planta é de cruz grega e está recoberta con bóvedas de canón con casetóns. A cúpula elévase sobre pechinas moi decoradas e remata nunha lanterna que ilumina o interior.
[editar] Imaxinería
O retablo maior é obra de Francisco Castro Canseco (1714) e nel aparecen tres santos, San Bieito, San Plácido e San Mauro e tres santas, Santa Escolástica, Santa Xertrudis e Santa Francisca Romana, conducindo a imaxe de San Paio, arrodeado por Santiago e San Fernando montados a cabalo (inspiados no baldaquino catedralicio). O conxunto complétase cunha Asunción da Virxe, acompañada polos apóstolos Pedro e Paulo. O órgao, construído en 1782 polo mestre Alberto de la Peña, foi restaurado recentemente.
[editar] O convento actual
Do mosteiro primitivo só se conservan uns capiteis e unha ara de mármore branco. O actual comezouse a construir no século XVI e rematouse só en 1793. A renovación comezouse aló polo ano 1600 encargándoselle a Mateo López a traza da zona occidental, cara a Praza da Quintana, construíndose un lenzo monumental e austero. No 1641 Jácome Fernández Fillo remata parte deste lado trazado por Bartolomé Fernández Lechuga. Entre 1653 e 1657 construirase un pasadizo que enlaza esta parte coa igrexa.
A fachada que dá á Praza da Quintana, é sobria e utiliza exclusivamente liñas rectas. A súa monumentalidade provocou os ciumes do arcebispado e foi a principal causa da remodelación da cabeceira románica da Catedral, obra que deu como resultado o aspecto que posúe actualmente.
A fachada que dá á Vía Sacra, obra de Melchor de Velasco comezada cara o ano 1658, presenta unha portada, a Portería, enmarcada nun arco de medio punto baixo un friso de triglifos e metopas entre dúas xigantes columnas dóricas. Na parte superior sitúase un frontón curvo partido cun escudo imperial. Todo elo realizado en claro estilo clasicista.
A partir de 1744 construirase o espazo ao longo da Vía Sacra que vai desde a portería hasta a chamada Porta dos Carros, no que destaca o conxunto de chemineas que rematan o edificio e a estructura da Porta dos Carros. Ésta é froito de dúas etapas e trazas ben distintas; a primeira relacionada con Fernando de Casas Novoa, e unha segunda, na que a partir de 1749 Lucas Caaveiro aumentaralle a altura cun mirador sobre a balaustrada.
A porta presenta unha escea da Fuxida a Exipto relacionada co facer de Francisco de Lens.
[editar] Situación actual
Na actualidade atópase en bo estado de conservación.
Desde a igrexa pódese aceder ao Museo de Arte Sacro de Antealtares, inaugurado en 1873 e que ofrece unha colección de obxectos litúrxicos.
A mais, hoxe en día pódense mercar nel doces elaborados polas monxas que o habitan.