Míchel Salgado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Míchel Salgado | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Miguel Ángel Salgado Fernández | ||
Alcume: | Il due | ||
Data de nacemento: | 22 de outubro de 1975 | ||
Lugar de nacemento: | As Neves (Pontevedra), Galicia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Real Madrid | ||
Posición: | Defensa | ||
Altura: | 1,73 metros | ||
Partidos internacionais: | 51 | ||
Goles: | 3 (Celta de Vigo), 1 (Salamanca), 4 (Real Madrid) | ||
Ano do debut: | 1995 | ||
Clube do debut: | Celta de Vigo | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Míchel Salgado naceu o 22 de outubro de 1975 nas Neves, provincia de Pontevedra. Xogador de fútbol galego na posición de lateral dereito.
Míchel Salgado comenzou a sua carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994/1995 deu o salto á primera plantilla do equipo vigués.
Tras estar cedido na UD Salamanca a tempada 1996/1997, Salgado volveu ó Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou na fatídica derrota de España en Chipre por 3-2
No verán de 1999 o Real Madrid faise cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal.
[editar] Palmarés
- 2 veces campión da Copa de Europa, en 2000 e 2002
- 1 vez campión da Copa Intercontinental, en 2002
- 1 vez campión da Supercopa de Europa, en 2002
- 2 veces campión da Liga española, en 2001 e 2003
- 2 veces campión da Supercopa de España, en 2001 e 2003
- É internacional absoluto coa Selección española. Coa selección española sub 21 gañou no 1989 o Campionato de Europa.
- Tamén foi internacional (amigábel) coa selección galega.