Música gótica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Características
Tipo de música cunha iconografía e características bastante concretas:
- Ideoloxía do Romanticismo literario (época de lord Byron e Mary Shelley) e temática do desamor;
- Utilización e transformación (reinterpretación, apropiación, terxiversación ou recuperación) de mitoloxía e lendas tradicionais;
- Uso de temas medieviais e bíblicos;
- Ambientes escuros e noitébregos;
- Relación destemida con morte, medo, ira, odio, escuridade, seres sobrenaturais, etc.;
- Elegancia e clasicismo no vestir (case sempre de negro) combinada coa palidez cetrina na pel da face;
- Vocalista feminina;
A pesares disto, as orientacións dentro do gótico son varias: existen grupos que tenden ó punk ou ó black-metal ou o dark-metal, mentres que outros van cara ó doom ou cara á música electrónica. Algunhas veces compáraselle con bandas sonoras de películas épicas ou procedentes do cómic (do estilo O Señor dos Aneis ou Underworld), o cal non está de todo errado pois comparten certos elementos visuais, musicais ou mesmo están presentes nas bandas sonoras.
Canto ó estilo musical, é singular pola súa mestura da música orquestrada (certos instrumentos e mesmo formacións enteiras) coa música electrónica e as guitarras eléctricas máis propias de estilos máis duros coma o Heavy. A sobriedade e a amplitude da escala vocal tamén adoitan aparecer nos temas, e sitúanse nunha liña herdeira directa do Heavy alemán dos anos 80 (Warlock e Doro Pesch, Europe, etc.), do rock sinfónico e da música electrónica dos 90.
A inmensa maioría dos grupos máis coñecidos nos circuítos musicais son europeos (coa excepción dos estadounidenses Evanescence), e unha boa parte da tradición procede dos tres países escandinavos, de Alemaña e de Holanda (a excepción é Lacuna Coil, de Italia). As tendencias máis fortes proceden de grupos xurdidos en Polonia.
[editar] Grupos
Co éxito dalgúns grupos, coñeceu un rexurdimento nestes comezos da primeira década do milenio. Os principais grupos representativos son:
- Evanescence (de EEUU, os de corte máis comercial)
- Within Temptation (holandeses, tamén de corte algo comercial)
- Epica (tamén holandeses, un dos grupos con máis divulgación, cunha moi noviña cantante, Simone Simons, de 20 anos, e que acaban de sacar no 2006 Consign to Oblivion, inspirado no mundo maia)
- Tristania (outro grupo histórico)
- Theatre of Tragedy (dos grupos máis vellos e recoñecidos: a súa cantante Liv Kristine marchou do grupo e formou Leave's eyes)
- After forever
- Edenbridge
- Penumbra
- Lacrimosa (grupo alemán de corte máis electrónico)
- The Sins of Thy Beloved (outro grupo de longa experiencia)
- Lacuna Coil (italianos, os máis seguidos polos rockeiros tradicionais)
- The gathering (holandeses, cun estilo moi tranquilo cando a que canta é a vocalista, Anneke van Giesbergen)
- Midnattsol (que sacaron o disco Where twilight dwells, de 2005)
- Octavia Sperati (novo grupo noruego composto case integramente por mulleres)
- Beseech
- Therion (formada só por homes, que sacou un disco dobre en 2005: Lemuria xunto con Sirius B)
- L'âme immortelle (alemáns, a pesares do seu nome francés: "a alma inmortal")
- Vesania
- Sirenia
- Svenia