Lord Byron
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lord George Gordon Byron (1788-1824)
Poeta inglés, un dos escritores máis versátiles e importantes do Romanticismo.
Naceu en Londres o 22 de xaneiro de 1788, fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de Aberdeen ata os 10 anos.
De volta en Londres, estudou no colexio de Harrow e a Universidade de Cambridge. En 1798, ao morrer o seu tÃo avó William, quinto barón Byron, herdou o tÃtulo e as propiedades.
En 1807 publicouse o seu libro de poemas Horas de lecer. En 1809 ocupou un escano na Cámara dos Lores e emprendeu unha viaxe de dous anos por España, Portugal e Grecia.
A publicación en 1812 dos dous primeiros Cantos de Childe Harold, poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En 1815, ano en que publicou MelodÃas hebreas, casouse con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en 1816 tras dar a luz á única filla lexÃtima do poeta, Augusta Ada. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa hermanastra Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.
Na España absolutista de Fernando VII e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha gran influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.
En 1824, foi a Grecia a loitar contra os turcos. Alà contraeu malaria. Os médicos preescribÃronlle unhas sangrÃas, ao que el se negou. DÃas despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o sangue que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao dÃa seguinte realizaron outras dúas. Morreu o dÃa dezanove de abril en Missolonghi. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous litros de sangue.