Michel Ney
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michel Ney (Saarlouis, 10 de xaneiro de 1769 – 7 de decembro de 1815), duque de Elchingen, príncipe de Moscova, foi un mariscal do exército francés ás ordes de Napoleon Bonaparte.
Naceu en Saarlouis, no estado alemán de Sarre, fillo dun importante comerciante de licores. Traballou como aprendiz de vendedor dunha fundición antes de unirse ó 5º de Húsares en 1787, en contra dos desexos do seu pai.
Era unha soldado impulsivo e con coraxe. Ney é coñecido por personificar as virtudes do soldado, liderando ás tropas desde a fronte. Como exemplo, mandou a carga da cabalería pesada francesa contra a infantería británica na Batalla de Waterloo. Con todo, Ney non era tan so un exaltado, senón que ademais foi un comandante con moitas capacidades, con actuacións excelente como en Elchingen (batalla na que obtivo o seu título de duque), e atribúeselle a vitoria da Batalla de Friedland para Napoleón.