Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Missouri é un dos 50 Estado dos Estados Unidos da América. O Missouri é o Estado americano que limitase con máis Estados no país. Son no total oito Estados no cal o Missouri fai limite: co Iowa ao norte, o Illinois, Kentucky e o Tennesee a leste (separados polo Río Misisippi), ao sur co Arkansas e a oeste co Oklahoma, Kansas e o Nebraska.
O produto interno bruto do Missouri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixesimo sétimo maior do país. As principais industrias do Estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos eletronicos. Os principais produtos agropecuarios do Missouri son bovinos, porcinos, soxa, palla, trigo e ovos. O Estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás somente do Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do Estado.
O Missouri facía parte orixinalmente da Compra da Louisiana, tendo sido admitido como un Estado americano en 1821 por causa do Compromiso do Missouri. O Estado recebeu o seu cognome de Portal para o Oeste porque o Estado serviu como un ponto de partida para persoas partindo rumo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, o Missouri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntandose cos Estados Confederados da América. Derrotado, foi readmitido á Unión en 1867.