Monegasco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O monegasco (munegascu) é unha variedade ligur levada a Mónaco cando pasou a control de Xénova no século XIII. Aproximadamente un 30% do léxico é de orixe occitana, un 60% ligur e o resto son préstamos do francés e italiano.
Ensínase nas escolas pero o uso social da lingua desapareceu a comezos do século XX, aínda que se mantén como lingua nacional.