Mundial de Fútbol Uruguai 1930
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Foi o primeiro mundial de fútbol, e elixiuse este país por se-lo actual campión olímpico. Debido a que a viaxe dende Europa levaba preto dun mes, moitos equipos desta zona do mundo rexeitaron participar. En resumo a primeira edición disputárona Francia, Iugoslavia, Romanía, Bélxica, Arxentina, Chile, México, Bolivia, Uruguai, Perú, Estados Unidos e Paraguai. Uruguai foi o campión desta primeira edición, vencendo a Arxentina na final por 4-2. O máximo goleador foi o arxentino Stabile, con 8 tantos.