Nîmes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nîmes é un concello francés de 133.424 habitantes situado no departamento de Gard, do que é a capital, na rexión de Languedoc-Roussillon. O seu nome na época romana era Nemausus.
[editar] Situación xeográfica
A súa altitude máxima é de 215 m (116 m en zona urbana) e a altitude mínima é de 21 m (45 m en zona urbana). Nîmes está situada nunha « foxa » — de onde a fortes calores estivais e as frecuentes inundacións — entre sete outeiros (en realidade, só tres grandes topograficamente), como Roma, particularidade que lle valeu o epíteto de « Roma francesa ». En plena garriga, atópase a 35 km do mar Mediterráneo, a 20 km da Camargue, a 35 km dos Cévennes e a 20 km do río Ródano. Sinala a divisoria a Provenza (a súa extremidade oeste), e o Languedoc (no seu extremo leste). Nîmes está, ademais, moi próxima a outras grandes e históricas cidades: Arles (27 km), Avignon (44 km), Alès (46 km), Montpellier (54 km), ou mesmoOrange (65 km), Sète (84 km), Aix-en-Provence (95 km) e Marsella (100 km). Nîmes é la 28Template:A cidade que ocupa maior superficie na Franza metropolitana (161,85 km² ; Arles é a 1Template:A e Paris a 50Template:A).
[editar] Clima
Nîmes goza dun clima privilexiado cunha temperature suave estábel ao longo do ano e un asoallamento excepcional. Porén o mistral tende a relativizar a dozura invernal. No verán, debido a súa posición topográfica (nunha foxa), sofre ás veces fortes calores.
Asoallamento: 2.670 horas/ano (media francesa: 1.973 h/ano)
Precipitacións : 760 mm/an (media francesa: 770 mm/ano)
Neve : 3 días/ano (media francesa: 14 días/ano)
Trebóns : 24 días/ano (media francesa : 22 días/ano)
Néboas : 11 días/ano (media francesa: 40 días/ano)
A media das temperaturas é de 6,5°C no inverno e de 23,5°C en verán (unha das máis elevadas da Franza), con xornadas puntuais con máis de 35°C.
[editar] Monumentos principais
- Les Arenes, anfiteatro romano do (século I). Trasformado en fortaleza durante a Idade Media, alberga na actualidade espectáculos diversos, mesmo corridas de touros.
- A Maison Carrée, templo da época imperial (século I) colocado no centro do foro daa cidade romana.
- A Tour Magne (Torre Magna), principal torre do recinto fortificado da época romana, posto sobre o outeiro que domina Nimes, elévase aínda 32 metros (pese a perder o seu terceiro nivel).
- Os Jardins de la Fontaine, realizados no século XVII sobre un precedente, comprenden tamén as ruínas do Templo de Diana.
- O Castellum, punto de chegada do acueduto (famoso pola Pont du Gard), era un depósito para distribuír a auga na cidade. Está excavado, en parte, no rochedo.
- La porte d'Auguste (Porta de Augusto), tamén dita Porta de Arles é unha das antigas portas romanas da cidade, sobre a Via Domitia (ver Vís romanas).
- Catedral de Notre-Dame-et-Saint-Castor, sobre un edificio romano flanqueado dunha maciza torre, foi enteramente restaurada no século XIX. A destacar a capela do Rosario (chapelle du Rosaire), fermoso exemplar do Barroco do século XVII. O tímpano da fachada é unha obra mestra da escultura románica.
- Museo de Belas Artes (Musée des Beaux-Arts), construído en 1907 e readaptado en 1986-87. Acolle numerosas pinturas flamengas e holandesas, obras italianas dos séculos XVI e XVII, amén dunha estesa colección de pinturas francesas dos séculos XVIII e XIX.