Neil Young
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Neil Percival Kenneth Robert Ragland Young, máis coñecido por Neil Young (nacido o 12 de novembro de 1945) é un músico e compositor de orixe canadense, que fixo a súa carreira nos Estados Unidos. Coñecido pola súa voz nasal e a súas letras, Young é unha lenda do rock estadounidense, aínda que o seu estilo musical transita entre o folk e o country rock, alternando con álbumes máis pesados onde algunhas cancións aproxímanse ao hard rock, con guitarras suxas e longos solos con moita distorsión. Os seus concertos son verdadeiras celebracións de rock normalmente acompañado da banda Crazy Horse, que o acompaña desde o inicio da súa carreira.
Young tamén dirixíu (ou co-dirixíu) varias películas usando o seudónimo de Bernard Shakey. Algunhas destas películas son Journey Through the Past (1973), Rust Never Sleeps (1979), Human Highway (1982) e Greendale (2003).
[editar] Biografía
Neil Young naceu en Toronto, fillo do novelista e escritor deportivo Scott Young e de Rassy Ragland Young. El pasou os seus primeiros anos en Omemee, Ontario, unha pequena vila que posteriormente inmortalizou na súa canción "Helpless".