New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Octavio Augusto - Wikipedia

Octavio Augusto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Octavio Augusto
Octavio Augusto

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, (23 de setembro -63 19 de agosto 14) foi o primeiro Emperador romano. Era sobriño de Xulio César. Tras a morte deste en (-44), empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir aos cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia. Foi o primeiro en ser recoñecido como deus inmortal. Morreu envelenado por Livia.

César Augusto naceu Gaius Octauius Thurinus nunha rica familia da orde ecuestre de Veletri (o seu avó foi banqueiro e o seu pai pretor de Macedonia). Por parte de nai era sobriño-neto de Xulio César, quen o adoptou no -45 e designouno herdeiro seu. É cando comeza a busca de Octavio polo poder. No día do asasinato do tío, Octavio atopábase en Atenas a estudar, cos seus amigos Mecenas e Agripa. con apenas 18 anos, Octavio parte para Roma. Ao chegar a Brundisio, a Décima Segunda Lexión xúralle lealdade e, en discurso ás tropas, Octavio declara ser fillo adoptivo de Xulio César. En Roma, Marco Antonio pide as tropas de Octavio en troca de protección e privilexios políticos, o que Octavio recusa, ao mesmo tempo que paga os legados do testamento de Xulio César co seu propio diñeiro e alíase con Cicerón. Este comeza a eloxiar a Octavio no Senado e a atacar a Marco Antonio.

Revoltado coa alianza, Marco Antonio acusa publicamente a Octavio de planear o seu asasinato. Octavio publica entón unha resposta ridiculizando a acusación. Marco Antonio simplemente xunta todas as tropas que pode e fecha o cerco sobre Décimo Bruto en Módena. Tras derrotar a Marco Antonio na batalla de Módena, esixiu do Senado o nomeamento de cónsul, rexeitado pola súa mocidade -tiña só 20 anos-. Octavio foi obrigado a fuxir de Roma. Estableceuse temporalmente na Sabina, onde reuniu o seu estado maior e logo despois foi para Arezzo, onde recrutou tropas para invadir Roma coa forza das armas. Logo despois da invasión, Octavio foi elixido cónsul. Octavio fixo que a Corte sancionase a súa adopción por Xulio César, tornándose Caio Xulio César Octaviano (Gaius Iulius Caesar Octavianus) e pasando a ser coñecido como Octaviano.

Desde o ano -43 Octavio foi cónsul e fíxose outorgar poderes extraordinarios. Enfrontado ás resistencia dos republicanos Bruto e Casio, fortes en Oriente, Octavio decidiu aliarse cos seus antigos inimigos Marco Antonio e Lépido -43) e formar con eles o segundo triunvirato. Os tres defensores dos ideais republicanos xuntáronse na Batalla de Filipos, onde derrotaron os últimos asasinos aínda vivos de Xulio César, Caio Casio Lonxino e Bruto. Após a batalla, Octaviano coñeceu o poeta Virxilio e pasou a financiar a súa arte.

Augusto

Marxinado Lépido, Octavio repartiuse o poder de feito con Marco Antonio, deixando a este último a zona oriental, mentres el permanecía en Roma e controlaba a parte occidental. O enfrontamento entre ambos conduciu á Guerra de Peruggia (-41), na que o xefe militar de Octavio, Marco Vipsanio Agripa, derrotou aos antonianos. A conferencia de Brindisi (-40) estableceu un novo reparto de zonas de influencia entre os triunviros: Octavio dominaba en Occidente; Marco Antonio nun Oriente restrinxido, que alcanzaba só até o río Drin (en Albania); Lépido en África; e Italia considerábase neutralizada baixo o dominio conxunto dos triunviros.

O matrimonio entre a irmá de Octavio e Antonio selou a paz, que se mantivo durante catro anos. Ademais, no -39 Sexto Pompeio recibiu Sicilia, Sardeña, Córsega e Acaia, co compromiso de manter Roma abastecida de gran; pero no -36 Octavio tivo que se enfrontar a Sexto Pompeio, a quen derrotou na batalla de Nauloque, en Sicilia.

O goberno de Octavio fíxose popular en Occidente en virtude do seu impulso á agricultura e da integración das provincias con Roma. Mentres tanto, Marco Antonio sucumbira á influencia de Cleopatra VII de Exipto e practicaba unha política orientalizante, pouco propicia aos intereses romanos; Octavio explotou no seu favor esta circunstancia, declarando a guerra a Cleopatra no -32 («Guerra Ptolemaica»). Após a vitoria naval de Accio (-31), entrou en Alexandría, onde Marco Antonio e Cleopatra se suicidaron (-30). Coa anexión de Exipto, Octavio deu a Roma o control sobre todo o Mediterráneo.

Estatua de Augusto.Museo Vaticano.
Estatua de Augusto.
Museo Vaticano.

Aproveitando o seu prestixio, Octavio transformou o réxime político da República romana nunha especie de monarquía que recibe os nomes de Principado ou Imperio; o novo réxime consistía nun equilibrio de poder entre o Senado e o pobo romano, por unha banda, e o emperador e a súa casa, por outro. Inicialmente, fíxose renovar cada ano o mandato como cónsul en solitario, ao cal foi engadindo novos títulos que reafirmaron o seu poder:

  • princeps senatus (o primeiro dos senadores) no -28;
  • augustus (título relixioso que reflectía a súa misión divina) e imperator proconsularis da Galia, a Hispania e a Siria (o que lle outorgaba o mando militar) no -27;
  • tribuno vitalicio (con poder de veto sobre as decisións dos maxistrados) no -23;
  • cónsul vitalicio e prefecto dos costumes no -19;
  • sumo pontífice (xefe relixioso do Imperio) no -12; e
  • «pai da patria» no ano -2.

Aínda que rexeitou a súa divinización en vida, aproveitou no seu favor o culto dos xenios, fomentando un culto ao emperador que se converteu nun vínculo adicional entre os habitantes do Imperio. Paralelamente, reformou as institucións romanas, adaptándoas á necesidade de xestionar un imperio tan extenso: creou o Consello do Príncipe, órgano de goberno integrado por homes da súa confianza (Agripa, Mecenas); dividiu as provincias en senatoriais (confiadas a un gobernador sen mando militar nomeado polo Senado) e imperiais (gobernadas por un legado do emperador); reorganizou o fisco, someténdoa á súa xestión directa e facéndoa menos gravosa; protexeu o culto; favoreceu á orde ecuestre fronte á aristocracia senatorial; asegurou os límites do Imperio fronte aos partos e aos xermanos; e continuou a expansión na zona do Danubio e o mar Negro.

Entre as debilidades do seu poder destaca o non ter sucesor (non tivo fillos varóns dos seus tres matrimonios); acabou por adoptar ao seu fillastro e xenro Tiberio (fillo da súa esposa Livia), ao cal asociou no poder desde o 13, e que o sucedería sen dificultade logo da súa morte.

No plano cultural o Século de Augusto foi moi produtivo e cheo de promesas creadoras, inaugurando unha época clásica para a arte europea, un clasicismo latino que, aínda no Renacemento, mil anos despois, estaría dando froitos. Augusto fundou bibliotecas públicas; a literatura latina, primitivamente influenciada polos gregos, adquiriu independencia e tornouse unha das máis brillantes do mundo occidental. O mes Agosto foi bautizado como Augustus na súa honra; até entón designábase Sextilis (ver Calendario romano).


[editar] Ligazóns externas

Imperio Romano

Segue a:
Xulio César
Octavio Augusto
(-27--14)

Precede a:
Tiberio
Dinastía Xulio-Claudia


Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu