Oia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oia | |
---|---|
Image:Escudo Oia.jpg | |
Situación | |
Xentilicio 1: | Oiense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Baixo Miño |
Área: | km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG '(votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE '(votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | [[]] () |
Eleccións municipais en: 'Oia' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | 986362125 |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Oia é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Baixo Miño.
Poboación en 2005: 3.038 persoas segundo o IGE.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Oiense
Evolución da poboación de: Oia - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
2.639 | 2.677 | 2.893 | 2.954 | 2.912 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Xeografía
Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polas estribacións en dirección N-S da cordilleira dos montes de A Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Lourenzá e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sul atópase o Val do Rosal.
Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (610 m.) e no Monte Pedrada 851 m. Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15°C.
[editar] Lugares de Oia
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia | |
---|---|
Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel) |
[editar] Historia
Da Idade do Bronce atopáronse machados e hai gravuras rupestres nos montes que miran para a costa. Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o xacemento arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo Arqueolóxico de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).
Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro æbade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, submeténdose á abadía de San Bernardo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.
O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.
[editar] Economía
A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80& rubia galega), ovellas e cabalos, que se crian en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||