Cabalo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Definición
O cabalo (ou egua, usado para as femias) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos, herbívoro, cuadrúpedo e de pescozo longo e arqueado.
Orixinalmente domesticado nas estepas do leste de Asia, a súa gran utilidade e alto valor militar propiciou que fose adoptado en toda Eurasia entre os anos 2.500 e 2.000 adC. Os exploradores europeos que invadiron América no século XVI levárono consigo, logrando a súa adopción tanto polos pobos nativos coma nos asentamentos europeos.