Pío XI, Papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papa do Século XIX ó Século XX |
|
---|---|
|
|
Papas do Século XX |
|
|
|
Papa do Século XX ó Século XXI |
|
|
|
Antipapa/s |
|
|
Pio XI (Desio, Italia, 31 de maio de 1857 - Roma, 10 de febreiro de 1939), papa da Igrexa Católica entre 1922 e 1939.
[editar] Vida
Estudou en Milán e na Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, sendo ordenado sacerdote en 1879. Os seus estudos de Filosofía chamaron a atención do papa León XIII e ingresou novamente no seminario de Milán, como parte do doutoramento da Biblioteca Ambrosiana, onde chegou ó máis alto grao. Chamado por San Pio X a Roma, convértese en Viceprefecto da Biblioteca Vaticana.
En 1919 o Papa Benedito XV nomeouno como Nuncio en Polonia e en 1921, foi nomeado Cardeal e Arcebispo de Milan polo mesmo papa.
[editar] Papado
O 6 de Febreiro de 1922, á morte de Benedito XV, foi electo papa polo Sacro Colexio Cardenalicio en Conclave. A súa coroación papal realizouse na explanada da Basílica de San Pedro, acto que foi imitado por Pio XII, Xoán XXIII e Paulo VIN, e lugar onde se realizan as actuais "Misas de Inicio de Pontificado". dende a autoproclamación da "catividade" da Igrexa Católica por Pio IX en 1870, era esta a primeira coroación pública dun papa dende entón. Os seus predecesores foron coroados na Basílica de San Pedro ou na Capela Sixtina, como o fixeron León XIII, Pio X e Benedito XV).
O seu papado caracterizouse polo recoñecemento do estado italiano por parte da Igrexa, que viña dende a ocupación dos Estados Pontificios polo reino de Italia en 1870. Pio XI asinou co goberno italiano de Benito Mussolini e o rei Vítor Manuel III o Tratado de Letrán (febreiro de 1929), que deu nacemento ó estado Vaticano independente.
Este acordo, que poñía fin ó estado de cousas vixente dende 1870, fora procurado por ambas partes, e a ambas conviña. Para Mussolini, que buscaba un achegamento ós católicos, cuxa posición ante o Fascismo fora bastante fría. Para a Igrexa, o obte-lo recoñecemento de dereito do seu estado, que aínda que reducido a unha mínima expresión territorial, colocaba a este dentro do concerto das nacións do mundo, con capacidade de establecer relacións diplomáticas.
En Italia, o partido católico do dirixente político Luigi Sturzo, chamado Partido Popular, e opositor ó fascismo, disolvérase pouco antes. Pio XI animou ós católicos italianos nas eleccións de marzo de 1929 a que votasen ós fascistas, e catalogou a Benito Mussolini como un home envíado a nós A providencia.
De ton similar foi o acordo ou concordato celebrado coa Alemaña Nazi o 20 de xullo de 1933, e que implicou, como o Tratado de Letrán para Italia, a imposición do Código de Dereito Canónico en Alemaña e a desarticulación da intervención en política dos católicos. No caso de Alemaña, o Partido do Centro do ex chanceler Heinrich Brüning foi disolto, co que os nazis ficaron sen oposición legal algunha no seu país.
A pesar do seu intransixente anticomunismo, que compartía con quen era un dos seus colaboradores máis próximos, Uxío Pacelli, o futuro Pio XII, cara o final do seu pontificado, en marzo de 1937, Pio XI emitiu unha encíclica coñecida como Con candente preocupación (en alemán: Mit brennender sorge), en onde se condenaba nunha forma moi tépeda ó réxime nazi. A pesar do ton moi vago das afirmacións deste documento, Adolf Hitler ordenou a Reinhard Heydrich, xefe da Gestapo, que incautase e destruíse las copia do mesmo e as relacións entre a Alemaña Nazi e o Vaticano enturbáronse por un tempo.
Días despois, outra encíclica, coñecida como Divino Redentor (en latín: Divini Redemptoris), condenaba, en termos esta vez máis explícitos, ó comunismo.
Afirmouse que cara fins de 1938 Pio XI preparaba un documento similar no que se aprestaba a denuncia-lo antisemitismo do réxime nazi, pero esta encíclica, cuxos borradores foron descubertos non fai moito, nunca foi publicada debido á súa enfermidade e morte.
Outra encíclica importante do seu reinado é a denominada Quadragessimo anno que conmemorou os corenta anos da publicación da Rerum Novarum de León XIII de 1891 e en onde a Igrexa Católica tomaba posición por vez primeira fronte ó movemento obreiro.
Pio XI morre o 10 de febreiro de 1939, cando só faltaban uns poucos meses para que estalase a Segunda Guerra Mundial. Durante o seu pontificado, a Igrexa Católica fortaleceuse como institución e comezou a ser un referente importante a nivel mundial non soamente nos aspectos relixiosos senón tamén políticos.
Algúns anos antes, en 1931, e coa colaboración dun dos inventores da radio]], o nobre italiano Marconi, inauguráronse as transmisións de Radio Vaticano, a través das cales a Igrexa manifestou dende entón as súas opinións a nivel mundial, xa que a emisora moi pronto desenvolveu transmisións en diversos idiomas, cousa que ata o presente continúa facendo.