Bieito XV, Papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papa do Século XIX ó Século XX |
|
---|---|
|
|
Papas do Século XX |
|
|
|
Papa do Século XX ó Século XXI |
|
|
|
Antipapa/s |
|
|
Bieito XV (*1845, Xénova, Italia - 1922) foi Papa de 1914 a 1922.
Giacomo della Chiesa, membro dunha familia nobre, cursou estudos de xurisprudencia na Universidade de Xénova, doutorándose con 21 anos. Continuou a súa formación en Roma, interesándose pola diplomacia e a teoloxía. Ós 24 anos foi ordenado sacerdote, ingresando na escola diplomática vaticana. A súa primeira misión importante foi o seu nomeamento como nuncio en España, desempeñando un crucial labor como mediador no conflito entre España e Prusia pola posesión das Illas Carolinas. De regreso a Roma acadará a subsecretaría de Estado e en 1907 é nomeado arcebispo de Bolonia por Pio X, recibindo o capelo cardenalicio sete anos máis tarde, só tres meses antes de ser elixido pontífice.
Envíou a un observador á Conferencia de Versalles, apoiando as decisións do Tratado. Restableceu as relacións entre a Santa Sé e os gobernos de Francia e Inglaterra, conseguindo que se envíase un representante británico ó Vaticano, algo que non ocorría dende o século XVII. Ditaminou un novo Código de Dereito Canónico (Codex Iuris Canonici) en 1917. Tralo seu falecemento sucedeuno Pio XI.
O teólogo Enrique Miret Magdalena explica como Bieito XV foi un gran Papa en tempos da Primeira Guerra Mundial que procurou a paz e loitou contra os integristas católicos. E que é esta idea a que o actual papa, Benedito XVI, quixo recoller tomando este nome[1].