Paul Feyerabend
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paul Karl Feyerabend (Viena, 13 de xaneiro de 1924 - Zurich, 11 de febreiro de 1994) filósofo da ciencia que ao longo da súa vida experimentou unha evolución constante (popperiano, antirracionalista, empirista, antiempirista, antipositivista, relativista...), sempre cun alto grao de anarquismo e criterio crítico.
Nos seus ensaios utilizou unha linguaxe clara e expresivo que influíse no lector, afastándose da linguaxe fría e aséptica que é unha das limitacións que, segundo Feyerabend, sofre un científico. Emprega constantes citas de filósofos marxistas (Lenin, Mao Zedong, Rosa Luxemburgo...). Escribíu cunha paixón difícil de atopar en ningún outro filósofo da ciencia. Por iso as críticas negativas iniciais que recibíu o seu libro Contra o método custáronlle, como narra na súa autobiografía (Matando o tempo), unha fonda depresión.
Índice |
[editar] Biografía
Participou na Segunda Guerra Mundial no exército alemán. Ao finalizar esta comezou estudos de canto, escenografía, historia e socioloxía, mais pronto dirixíu o seu interese cara á física. Publicou o seu primeiro artigo, que versaba sobre a ilustración na física moderna, no que se amosaba fondamente positivista, na liña do Círculo de Viena. Doutorouse en 1951 e recibíu unha beca dun ano para estudar con Ludwig Wittgenstein, pero éste morreu antes da chegada de Feyerabend ao Reino Unido, polo que escolleu a Karl Popper como supervisor, na London School of Economics. Ao acabar a beca regresou a Viena, onde traducíu ao alemán A sociedade aberta e os seus inimigos, de Popper. En 1955 trasladouse á Universidade de Bristol. PublicOU diversos artIGOS nos que se detectan claras influencias do racionalismo popperiano.
En 1959 nacionalizouse estadounidense. Comezou a escribir artigos nos que facía unha revisión crítica do empirismo. Introduciu na súa filosofía o concepto de inconmensurabilidade (aínda que o termo en sí foi fixado posteriormente), que tamén atopamos en Wittgenstein e Kuhn, para referirse a teorías científicas disxuntas, é dicir, aquelas cuxos universos conceptuais son totalmente incompatibles e intraducibles entre sí.
Cara a finais dos 60 os seus artigos comezan a revelar o seu xiro cara a unha especie de pluralismo teórico segundo o cal o mellor mecanismo para o progreso pasa por introducir o maior número posible de hipóteses alternativas, tal como publicou nun longo artigo en 1970 (Contra o método). Feyerabend planeou con Imre Lakatos, amigo seu, unha colaboración en forma dun libro de debate que se chamaría For and against method (A favor e contra o método). Aínda que a morte de Lakatos acabou co proxecto conxunto, Feyerabend publicou a súa parte como o seu primeiro libro baixo o título Contra o método (1975).
Nos seus seguintes libros Ciencia nunha sociedade aberta (1978), Ciencia como unha arte (1987) e Adeus á razón (1987), puntualizou e desenvolveu a súa epistemoloxía. Estes significaron un claro respaldo ao relativismo, chegando a afirmar que en realidade a ciencia sofre cambios, pero non progreso. Morreu a consecuencia dun tumor cerbral para o que non existía tratamento eficaz. Enfrontado á terrible circunstancia da enfermidade que o levou á tumba, optou pola medicina tradicional, non pola maxia ou outro sistema de crenzas que, segundo él, sería tan válido como un apoiado pola ciencia. A súa autobiografía Matando o tempo publicou a título póstumo en 1995.
[editar] Filosofía
[editar] Primeira época
Os primeiros escritos amosan unha clara influencia popperiana. Afirmaba que a función da epistemoloxía non era describir cómo actúan os científicos, senón cómo deberían actuar. A súa epistemoloxía era totalmente metodolóxica, sen ningunha preocupación metafísica. Defendeu a multiplicación de teorías como o mellor camiño para o progreso.
[editar] Contra o método (1975)
Contra o método é unha crítica da lóxica do método científico racionalista, apoiada nun estudo detallado de episodios clave da historia da ciencia. Conclúe que a investigación histórica contradí que haxa un método con principios inalterables, que non existe unha regra que non se rompeu, o que indica que a infracción non é accidental senón necesaria para o avance da ciencia. Feyerabend denuncia que, malia iso, hai un esforzo continuo para encerrar o proceso científico dentro dos límites do racionalismo, de maneira que un especialista acaba sendo unha persoa sometida voluntariamente a unha serie de restriccións no seu xeito de pensar, de actuar e, ata, de expresarse. A educación científica concébese hoxe como unha simplificación da racionalidade que se consegue mediante a simplificación das persoas que participan na ciencia.
Unha parte esencial de todas as teorías de indución é a regra que di que os feitos miden o éxito dunha teoría. Feyerabend suxire proceder inductivamente, pero tamén contraindutivamente, é dicir, introducindo hipóteses inconsistentes con teorías, ou con feitos ben establecidos. Xustifica a contraindución dicindo que hai teorías nas que a información necesaria para contrastalas só sería patente á luz doutras teorías contradictorias coa primeira. A historia da ciencia proporciona exemplos da contraindución en acción. Por exemplo, Galileo tivo que recorrer á contraindución para falsear os razoamentos cos que os físicos aristotélicos negaban o movemento da Terra. Xa que logo o uso da contraindución sería, simplemente, aproveitarse dun xeito consciente da propia forma de ser da ciencia.
Feyerabend afirmaba que ningunha teoría sería nunca consistente con todos os feitos relevantes. Por exemplo, unha teoría de a gravitación da entidade da de Newton tivo desde o principio serias dificultades de desviacións cuantitativas cos feitos observados. Isto non impedíu que fora a dominante durante séculos e se considerase un modelo de teoría científica. Nestes casos, en lugar de desbotar a teoría polo seu desacordo cos feitos recórrese a unha aproximación ou ben invéntase unha hipótese ("unha hipótese ad hoc", di Feyerabend) que cubra a inconsistencia. A actitude habitual na filosofía da ciencia é desprezar estas hipóteses ad hoc por ir contra o método racionalista. Con todo, segundo Feyerabend, é un feito que tales hipóteses son abundantes no corpo da ciencia. Tamén Lakatos, un dos principais seguidores de Popper, opina que calquera nova teoría que se propoña para substituír a unha teoría refutada, no fondo non é máis que (e non podería ser doutro xeito) unha teoría ad hoc.
[editar] A ciencia nunha sociedade libre (1978)
Continúa coa súa análise da ciencia e do método que ésta utiliza, criticando o estatus mítico que acadou na sociedade occidental como a mellor forma de adquirir coñecemento. A última parte do libro é unha autodefensa fronte á pésima acolleita que tivo Contra o método, onde acusa aos críticos de non telo entendido.
[editar] Adeus á razón (1987)
Feyerabend apóiase en Soren Kierkegaard e en diversos filósofos románticos e existencialistas para negar a racionalidade do mundo, ou máis ben a existencia dunha Razón abstracta dominante. A ciencia é como a arte no senso de que non hai un "progreso" nin unha "verdade" senón simples cambios de estilo.
Proclama as virtudes do pluralismo cultural. As ideas occidentais non son as mellores nin tampouco o ideal ao que debe aspirar a humanidade. Así mesmo, advirte que non se poden desprezar como inútiles sistemas de crenzas como a astroloxía ou a medicina alternativa, aos que atribúe un status equiparable ao da ciencia.
[editar] Artigos dos 80
Durante esta década publicou un gran número de artigos. Neles opina que a Razón e a Ciencia desprazaron as crenzas previas por un simple xogo de poderes, non por gañar ningunha argumentación.
A ciencia é en realidade unha aglomeración de ideas, non un conxunto unificado. Inclúe gran cantidade de compoñentes que proceden de disciplinas non científicas que son parte vital do proceso, e en realidade non hai razón para supoñer que o mundo posúe unha soa natureza. Pola contra, preséntasenos profundamente plural.
[editar] Obras
[editar] Libros
- Tratado contra o método (1975)
- A ciencia nunha sociedade libre (1978)
- Adeus á razón (1987)
- Matando o tempo (1995)
- Conquista da abundancia (inacabado)
[editar] Artigos
- Intento dunha interpretación realista da experiencia (1958)
- Complementaridade (1958)
- Explicación, redución e empirismo (1962)
- Cómo ser un bo empirista (1962)
- Ciencia sen experiencia (1969)
- Consolos do especialista (1970)
- Contra o método (1974)
- A ciencia como unha arte (1985)