New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Paul Gauguin - Wikipedia

Paul Gauguin

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

1881
1881
1886
1886
1888
1888
1891
1891
1892
1892
1897
1897
1903
1903

Paul Eugéne-Henri Gauguin (París, 7 de xuño de 1848 - Atuona, 9 de maio de 1903). Pintor postimpresionista francés, cuxos cores exuberantes, formas bidimensionais planas e temática contribuíron a dar forma á arte moderna.

O Swineherd, Britania, pintado en 1888
O Swineherd, Britania, pintado en 1888

Naceu no seo dunha familia liberal de clase media, o seu pai era xornalista e a súa nai era filla da precursora feminista peruana Flora Tristán; tralo golpe de Estado de Napoleón III (1851) fuxiu cos seus pais a Lima. Cando era aínda un adolescente fíxose á mar; en 1871 regresou a París e entrou a traballar nunha empresa financeira, transformándose nun importante axente bolsista, casou coa danesa Mette-Sophie Gad coa cal tivo cinco fillos. En 1874 coñeceu a obra de Camille Pissarro e observou a primeira exposición dos impresionistas, é nesa época que comezou a desenvolver un forte interese pola arte que o conduciu a tomar clases de pintura e a reunir unha impresionante colección de obras impresionistas que comprendía traballos de Edouard Manet, Cézanne, Claude Monet e Camille Pissarro. En 1875 trabou coñecemento persoal con este último e empezou a traballar con el; resultado de tan fecunda colaboración foi a invitación a participar na quinta Exhibición Impresionista de 1880, que sería reiterada nos dous anos seguintes. En 1883, o seu crecente interese pola pintura uníuse ó derrubo da Bolsa parisina para lle conducir a toma-la decisión de se dedicar integramente á actividade artística. Ó ano seguinte trasladouse a Copenhaguen, residencia familiar do pai da súa esposa, en procura de apoio económico, pero o seu empeño fracasou rotundamente e pouco despois abandonaría a esposa e fillos. A partir dese momento viviu na penuria, rexeitado por unha sociedade que con anterioridade lle abríra os brazos e que en breve ía aborrecer. En 1884 se trasladou a Rouen cidade de Normandía na cal vivía Pissarro, dese momento é o Home na estrada, pintura basicamente paisaxista aínda encadrable dentro do impresionismo. En 1887 e 1888 realiza un viaxe á Martinica e a Panamá, é durante esta travesía caribeña que "descobre" os coloridos e as luminosidades intensas que serven para acentua-la sensualidade na pintura, tamén é neste viaxe que percibe unha relación máis estreita entre os seres humanos e a natureza "primitiva". Entre 1886 e 1888 a súa obra experimentou un xiro radical, cuxa orixe cabe procurar en dúas experiencias vitais de grande importancia: o seu encontro con Van Gogh e o xa mencionado primeiro viaxe á Martinica. Gauguin coñeceu ó pintor holandés en París e quedou fortemente impresionado polo modo en que este conseguía plasmar as súas inquedanzas vitais nuns lenzos rebordantes de expresividade. En 1888 incluso se desprazou a Arles coa intención de traballar conxuntamente, pero as incompatibilidades de carácter deron espectacularmente ó traste co proxecto ó cabo só de poucas semanas. Pouco antes, Gauguin se trasladara durante un tempo á colonia francesa da Martinica, onde entrou en contacto cunha paisaxe repleta de sensual colorido e unha sociedade, a indíxena, en estreita convivencia coa natureza. Ambos factores se uniron para espertar no artista unha aguda nostalxia polo primitivo, vieiro no que ía achar unha vía idónea para expresar unha emotividade non contaminada polo naturalismo propio do arte refinado. Trala súa desastrosa experiencia en Arles, Gauguin regresou a París, onde o seu interese polas formas da arte popular acrecentouse por vía da súa amizade co xove artista Émile Bernard. De resultas das súas propias experiencias na Martinica e do aporte teórico de Bernard ía xurdi-lo sintetismo, estilo persoal caracterizado pola representación non imitativa e a separación da imaxe pictórica en zonas de cor fortemente contrastadas e a miúdo delineadas en negro ("cloisonne" inspirado nos vitrais das igrexas). Dito estilo, co seu rexeito frontal ó uso de trucos formais para recrea-la percepción visual, significou unha ruptura absoluta, dende o punto de vista conceptual, co impresionismo que outrora abrazara, razón pola cal é categorizado pola moderna historiografía da arte como postimpresionista (xunto con Van Gogh e Cézanne). Entre 1888 e 1891 viviu principalmente na Bretaña en onde foi o referente principal da chamada Escola de Pont-Avén (nome dunha pequena localidade bretona), alí tivo como discípulos ó mencionado Bernard xunto Serusier, Seguin, Chmaillard que constituirían ó simbolismo), é nese tempo que adopta un debuxo sinxelo compensado por unha coloratura intensa disposta en planos masivos (tal cal se pode observar en O Cristo amarelo).

En 1891 enfermo e tratando de eludir os seus endebedamentos marchou á Polinesia, deste modo entre 1891 e 1903 efectuou longas estanzas en Tahití e as illas Marquesas alternadas con visitas a Francia entre 1893 e 1895, para tales anos o seu primitivismo foise temperando ó se abrir á influencia de neoclásicos como Ingres ou contemporáneos como o "nabi" Puvis de Chavannes. Este proceso correu da man dun crecente refinamento tonal e da presenza na súa produción dunha aura onírico-poética que en modo algún asemella reflecti-la enfermidade e os conflitos persoais -particularmente os seus enfrontamentos coas autoridades locais en defensa das comunidades indíxenas- que marcaron os últimos anos da súa vida. Durante o período final da súa obra nótase un rexeitamento á perspectiva e o uso de formas amplas e planas, intensificando a expresividade cromática. Na Polinesia anticipa a arte abstracta: simplifica aínda máis as composicións dando preponderancia á cor e á idea que a cor pode suxerir. Cara os últimos anos da súa vida formou parella e tivo fillos cunha xove das illas Marquesas, pero tamén contraeu lepra, a súa pintura entón ínzase de inquedanzas metafísicas (O espírito dos mortos obsérvanos; ¿De onde viñemos?, ¿que somos?, ¿onde imos?; O ouro e o corpo; Never morre.), en 1897 tenta suicidarse, logo sobrevive practicamente na miseria cunha pequena pensión que dende París lle envíaba un marchante, en 1901 xa establecido definitivamente nas Illas Marquesas dedicouse a realizar esculturas "primitivas" (principalmente tallas e baixorrelevos en madeira). Faleceu na aldea de Atuona o 9 de maio de 1903.

[editar] Algunhas das súas principais obras

  • Eu saúdote, María (Ia orana Maria), óleo sobre lenzo de 113,7 x 87,7 cm, pintado en 1892. Atópase no Metropolitan Museum[1] de Nova York
  • O Cristo amarelo, óleo sobre lenzo de 92 x 73 cm, pintado en 1889. Atópase en Albright-Knox Museum[2] de Buffalo (Nova York).
  • A bella Ánxela, óleo sobre lenzo de 92 x 73 cm, pintado en 1889. Atópase no Museo de Orsay, París.
  • Never morre, óleo sobre lenzo de 68 x 116 cm, pintado en 1897. Atópase en Courtauld Gallery, Londres.
  • Mozo con abano, óleo sobre lenzo de 92 x 73 cm, pintado en 1902. Atópase en Museo Folkwang[3] en Essen, Alemaña.
  • Contos primitivos, óleo sobre lenzo de 13,5 x 90,5 cm, pintado en 1902. Atópase no Museo Folkwang.
Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

[editar] Véxase tamén

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu