Pazo de Rioboó
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pazo de Rioboó, Casa Grande de Rioboó, Pazo dos Temes.
Índice |
[editar] Situación
O Pazo de Rioboó é un pazo barroco sito no lugar de Rioboó, na parroquia de San Miguel de Osmo, no concello de Cenlle, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense.
[editar] Historia
Foi un dos mais importantes da comarca. Hoxe en día mantense en bo estado, conservado e restaurado polos seus donos. A súa fábrica é de clara influencia compostelá.
No ano 1788 era dono do pazo D. Bernardino De Pardo Ulloa Piñeiro Araujo Osorio y Barba, canónigo da Catedral de Santiago, que mandou edificar a capela e a portada d pazo, gran benefactor do por ditas datas fixo unha dundación da escola da Doctrina Cristiá que dotou co seu capital e que se mantivo intacta durante moitos anos. O patronato estaba constituido polo Xefe da Casa Grande de Rioboó, e os párrocos de Osmo, San Fiz de Navío, Anllo e Gomariz.
[editar] Descrición
O conxunto arquitectónico está configurado por un edificio principal de planta rectangular e varias construcións secundarias unidas a principal, incluida a capela, todo el pechado por un muro e fachadas.
Ten dous patios inscritos contiguos ao redor dos que se organizan os diversos corpos. Istes patios organizanse entorno a necesidade dunha serie de funcións. O primeiro era público, dando aceso a capela a cal acudían os colonos das propiedades da casa, o segundo é o de aceso ao edificio principal, creándose a continuación del un subespacio de chegada a cociña.
A fachada da vivenda presenta dúas plantas, cun corpo que sobresae no centro e está ocupada na planta principal por unha solaina, na actualidade pechada en parte, con cuberta sostida por columnas de pedra e pilares de madeira con zapatas.
Toda a planta baixa adícase a bodega. Na fachada do pasadizo ábrese un gran arco de medio punto configurando unha especie de soportal.
A vivenda consérvase moi ben, cos seus teitos e pisos de madeira de castiñeiro nos salóns principais, a cociña empedrada, con lareira sen faiado, as cabalerizas na planta baixa co teito abovedado formado por tres grandes arcos de medio punto, que se corresponden no piso alto cun salón empedrado.
[editar] O portalón
O magnífico portalón (Fig. 1) de entrada está formado por un arco de medio punto con grandes dovelas.
O muro remátase cunha cornisa. Sobree a portada álzase un pabellón, cun corpo central mais alto enmarcado por dúas columnitas corintias apeadas en repsisas molduradas que sostelen un entablamento e frontón circular partido, decorado con placas e cilindros. Entre as columnas vai un escudo cuartelado timbrado con coroa e lambrequines coas armas dos fundadores en catro particións: Pardo, Valcarcel, Ulloa, Osorio. A ámbolos lados sitúanse dúas cartelas nos baixos do pabellón, e todo o conxunto remátase con acróteras de bola, placa e cilindros, decoración moi influida pola escola barroca santiaguesa de Simón Rodríguez.
[editar] A capela
A capela está unida e separado ao mesmo tempo polo corpo de división onde se ubica a sacristía e o paso a tribuna da capela. A planta é rectangular. A fachada principal orientase ao norte, enmárcase por pilastras de festón refundido sobre pedestais. Pilastras estriadas sosteñene un entablamento con acróteras nos extremos sobre o que descansa unha hornacina. A porta leva unha moldura acodada e decoración de placas. Remátase a fachada cunha cornisa e unha pequena espadaña.
O interior distribuese nunha nave seperada do presbiterio por un arco de medio punto. A bóveda é de crucería.
O retablo data de 1768, obra de Benito de Lemos, mestre escultor, veciño de Cima de Vila segundo deseño feito por Juan Antonio Nogueira, arquitecto de Santiago, e a petición de Joaquín Lorenzo de Prado e Ulloa, presbítero administrador da casa.