Plano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un plano ou mapa é unha representación en dúas dimensións dun espazo tridimensional. A ciencia da elaboración de planos e de mapas é a cartografía. Embora a técnica teña semellanzas, a diferenza é a escala, xa que o termo plano aplícase habitualmente para facer referencia a espazos pequenos (cidades, barrios, edificios, pisos).
[editar] Uso dos planos
Tecnicamente, son documentos que definen as formas e medias de obxectos, coa finalidade de poder construílos ou informar a quen cumprir das características que teñen. Os planos deséñanse sempre a escala, xa que se pretende dar unha imaxe fiel e proporcionada do obxecto que representan.
O sistema máis empregado na realización de planos é o da vista ortogonal, tamén doñecido como sistema diédrico. Consiste en proxectar o obxecto sobre planos que forman un diedro: son tres planos cunha distancia entre si de 90º.
Desta forma, a vista que corresponde á proxección do obxecto sobre un plano vertical chámase alzado. Porén, a que se corresponde cunha proxección sobre plano vertical denomínase planta. Por último, a vista que se proxecta sobre o plano vertical lateral recibe o nome de perfil.
Estas tres vistas clásicas compleméntanse con:
- as seccións, que son seleccións imaxinarias que se fan e debuxan para mostrar recantos ou interiores dos obxectos e que poden non quedar definidos.
- os detalles, que como o seu nome di, indican aspectos a ter especialmente en conta.
- os símbolos de uso común (estandarizados), que se utilizan para definir cuestións tales que
- a dureza do material.
- o tipo de acabado das superficies.
- a precisión nas medidas.
- direccións.
- outros temas.
- as acotacións dos planos, que representan numericamente o valor do elemento que indican. En planos de pezas mecánicas, as unidades figuran sempre en milímetros (mm).
Categoría:Cartografía categoría:Construción categoría:Enxeñaríagl:Mapa
[editar] Artigos relacionados
- Cartografía
- Debuxo e debuxo técnico
- Deseño
- Enxeñaría
- Mapa