Pleistoceno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na escala de tempo xeolóxico, o Pleistoceno ou Pleistocénico é a época do período Neoxeno da era Cenozoica do éon Fanerozoico que está comprendida entre 1 millón e 806 mil e 11 mil e 500 anos atrás, aproximadamente. A época Pleistocena sucede a época Pliocena e precede a época Holocena, ambas do seu período. Dividese nas idades Pleistocena Inferior, Pleistocena Media e Pleistocena Superior, da máis antiga á máis recente.
Era Cenozoica | |||
---|---|---|---|
Período Neoxeno | |||
Mioceno | Plioceno | Pleistoceno | Holoceno |
Aquitaniano | Burdigaliano | Langhiano | Serravalliano | Tortoniano | Mesiniano |
Zancleano | Piacenciano | Xelasiano |
Inferior | Medio | Superior |
No Pleistoceno ocorreron as glaciacións máis recentes. O clima e as temperaturas mudaron drasticamente, e o período é hoxe estudado por paleontólogos na tentativa de comprender os climas da Terra no pasado.
Os fóseis deste período son abundantes, ben preservados, e a súa datación é precisa. Entre eles, os foraminíferos, diatomáceas e polen de plantas son moito informativos sobre os paleoclimas. Os paleontólogos estudan actualmente, a través destes rexistros, a influencia das mudanzas climáticas sobre as biotas.
Moitos dos xéneros e mesmo especies que viven hoxe surxiron entón. Houbo, sen embargo, naquel período, un bon número de animais de grande porte hoxe extintos, como o mastodonte, o tigre-dente-de-sabre, o bisón-de-chifres-longos. Camelos e cabalos nativos existian na América do Norte. Un dos maiores animais do Pleistoceno, cuxas biotas eran moi semellantes ás actuais, foi o mamut.
Durante o Pleistoceno ocorreu a extinción dos grandes mamíferos e a evolución dos humanos modernos. Unha das teorías sobre esa extinción a atribúe en parte á caza pola especie Homo sapiens.
[editar] Fontes
- The Pleistocene - Berkeley University En inglés.