Pol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pol | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Polense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Meira |
Área: | 124,46 km² |
Entidades de poboación: | 111 |
Capital do concello: | Mosteiro |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 2.456 hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG concelleiros 6
bng=concelleiros 3 psg-psoe=concelleiros 2 outros= - ({{{votospp}}} %) |
Alcalde: | [[Xosé Luis Fugarolas Villamarín
partido= PP censo ano= 2003]] ({{{partido}}}) |
Eleccións municipais en: 'Pol' | |
Censo electoral ({{{censo ano}}}) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca de Meira.
Poboación en 2003: 2.022 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Índice |
[editar] Situación
O concello esténdese no pedemonte das estribacións da Serra de Meira polo norleste e da Serra do Mirador polo suleste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada comarcal 640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.
As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m., Montes da Ferradura, 809 m. e Penedo do Pao, 827 m.). Nos limites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m. e os outeiros intermedios non superan os 650 m. Deles parten numerosos regatos e ríos.
Os principais cursos fluviais son, na bacía do Miño, o río Azumara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suloeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.
Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos
O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non sobrepasa os 6,7&sup0C; no verán a temperatura é suave (16&sup0C); 136 días ao ano hai xeada.
[editar] Historia
A poboación pre-histórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castros. Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica e se bifurcaba en Valonga cara Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico de Doncide e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..
Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Ermude. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Adriano IV en 1156. Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.
O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces, Meira e Lea. Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.
[editar] Lugares de Pol
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pol | |
---|---|
Arcos de Frades (Santiago) | Caraño (San Martiño) | Carazo (San Pedro) | Cirio (Santa María) | Ferreiros (Santo André) | Fraialde (Santa María) | Gondel (San Cosme) | Hermunde (San Pedro) | Lea (San Bartolomeu) | Luaces (Santa María) | Milleirós (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Pol (Santo Estevo) | San Martín de Lúa (San Martín) | San Martiño de Ferreiros (San Martiño) | Silva (Santiago) | Suegos (Santa Eulalia) | Torneiros (San Lourenzo) | Valonga (Santa María) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||