Priscilianismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O priscilianismo foi unha corrente relixiosa cristiá, difundida polas prédicas de Prisciliano no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia.
O priscilianismo aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da Igrexa, priorizaba o ascetismo e o estudo da Biblia, incluídos os apócrifos, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero. No xuízo de Treveris (385), o emperador Magno Clemente Máximo condenou a Prisciliano por herexía acusándoo de maxia e maniqueísmo, pero o priscilianismo continuou forte na Gallaecia, estivo tolerado durante a época sueva e só a partir da conversión de Requiario ao catolicismo no 449 comenzaron os priscilianistas a teren problemas coas autoridades, inda así mantívose cando menos até o II Concilio Bracarense (572).