Protocolo de Quioto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe incluir o material procedente de Protocolo de Kyoto
O Protocolo de Quioto é consecuencia dunha serie de eventos iniciada coa Toronto Conference on the Changing Atmosphere, no Canadá (outubro de 1988), seguida polo IPCC's First Assessment Report en Sundsvall, Suecia (agosto de 1990) e que culminou coa Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC) na ECO-92 no Río de Xaneiro, Brasil (xuño de 1992). Tamén reforza algunhas seccións da UNFCCC.
Constituise no protocolo dun tratado internacional con compromisos máis ríxidos para a reducción da emisión dos gases que provocan o efeito estufa, considerados, de acordo coa maioría das investigacións científicas, como causa do quencimento global.
Discutido e negociado en Quioto no Xapón en 1997, foi aberto para sinaturas o16 de marzo de 1998 e ratificado o 15 de marzo de 1999. Oficialmente entrará en vigor o 16 de febreiro de 2005.
Nel propuñase un calendario polo cal os países desenvolvidos terían a obriga de reducir a cantidade de gases contaminantes en, polo menos, 5% ata 2002, en relación aos niveis de 1990. Posteriormente, os países signatarios terán que pór en práctica planos para reducir a emisión deses gases entre 2008 e 2012.
A redución das emisións deberá acontecer en varias atividades económicas. O protocolo estimula os países signatarios a cooperaren entre si, a través dalgunhas accións básicas:
- Reformar os sectores de enerxía e transportes;
- Promover o uso de fontes enerxéticas renovables;
- Eliminar mecanismos financeiros e de mercado inapropriados aos fins da Convención;
- Limitar as emisións de metano no xestionamento de resíduos e dos sistemas enerxéticos;
- Protexer as florestas e outros sumidouros de carbono.
Se o Protocolo de Quioto fose implementado e tivese éxito, estimase que reducirá a temperatura global entre 0,02ºC e 0,28ºC no ano 2050.