Protoindoeuropeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Se se acepta a fragmentación do IE (indoeuropeo) en tempos tan remotos como o -3000 ou aínda antes, nas súas ramas oriental e occidental, entón existe un idioma anterior á fragmentación destas ramas. O protoindoeuropeo sería a reconstrución máis temprana que se fixo do indoeuropeo, isto é, o idioma no seu estado máis antigo.
Crese que este idioma se falou cara o ano -5000 ou ata o -3000, antes de que se separara a rama anatolia. Unha característica desta etapa do indoeuropeo é que os xéneros non se dividen en masculino e feminino, senón en animado e inanimado, tratándose dunha lingua de tipoloxía activa).
Unha teoría, bastante controvertida, propón que o protoindoeuropeo proviña dunha lingua máis antiga coñecida como nostrático da cal proviñan tamén, entre outras, as familias urálica, altaica, dravídica e afroasiática.