User talk:Quorthom
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido á galipedia, Quorthom. Xa vexo que estás facendo un bó traballo sobre fútbol. agremon
Índice |
[editar] Gracias
Moitas gracias, hai pouco que descubrín a Wikipedia e paréceme unha idea xenial. A ver se entre todos imos cheando o sitio de información.
- Ola Quorthom. Estou encantado de poder contar contigo neste proxecto. Pero teño un rogo que che facer. Non fixeches nada incorrecto, quede claro; pero procura non infestar -polo de agora non o fixeches- a Galipedia con artigos sen traducir. Se teño tempo (estou moi atarefado con cuestións de mantemento aquí e en Commons) eu traducirei Comunismo libertario ou Historia da Unión Soviética. Se necesitas algo de min, non dubides en contactar comigo. Sempre estou encantado de colaborar con usuarios coma ti. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:41, 14 xullo 2006 (UTC)
[editar] Comunismo libertario
Acabo de lelo artigo. Non tivera tempo para traducilo. Está moi ben. Non me estraña que o escolleses para incorporalo. Tomeime a licenza de crear tres redirecciones a esa páxina. Creo que son adecuadas, pero non é a miña especialidade e non estou seguro, por iso cho comento. Se buscas anarcocomunismo, comunismo anarquista ou comunismo libre accedes ó artigo Comunismo libertario. Se algún día se quere crear un artigo diferente sobre eses termos, non haberá problema, só hai que escribilo borrando a redirección.
Quedeinovamente encantado de encontrarme contigo. Conta comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:47, 1 agosto 2006 (UTC)
[editar] Nada, grazas a ti, por axudar a traducilo
Nada, grazas a ti, por axudar a traducilo
[editar] futbolistas
Agradeceríache que colocases as caixas de información sobre futbolistas nos artigos que vaias realizando. Podes ver unha aquí. UN saúdo.--Norrin_strange (Talk) 11:02, 31 agosto 2006 (UTC)
[editar] Wikipedia:Xornal da Galipedia
Ola Quorthom!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)
[editar] Programa tradutor
Vexo que traduces artigos do teu interese. ¿Coñeces o programa tradutor castelán-galego Alén? Comete erros (en vez de París pon parides, do verbo parir). Despois hai que revisar o texto, pero é moito menos traballo. Podes descargalo aquí. Permite incorporar palabras ó dicionario principal e ó dicionario de verbos. Cando pechas o tradutor, pregunta se queres gardar cambios neses dous dicionarios. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:03, 22 setembro 2006 (UTC)
-Moi ben, moitas grazas por avisar, voulle botar unha ollada
[editar] Image:Stanley Matthews.jpg
Ola Quorthom, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela.
Á esta imaxe que subiches fáltalle un texto que indique a súa orixe. Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
[editar] 20.000 artigos
Ola Quorthom. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)