Radon (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O radon é un elemento químico pertencente ao grupo dos gases nobres. Ten número atómico 86 e o seu símbolo é Rn. Na súa forma gaseosa é incoloro, inodoro e insípido (en forma sólida a súa cor é roxiza). A súa masa media é de 222, o que implica que por termo medio ten 222-86 = 136 neutróns. Igualmente, en estado neutro correspóndelle ter o mesmo número de electróns que de protóns, isto é, 86.