Raimundo Fernández Villaverde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Raimundo Fernández Villaverde y García del Rivero. Marqués de Pozo Rubio. (n. Madrid, 20 de xaneiro de 1848- † 15 de xullo de 1905). Político español. Presidente en dúas ocasións do Goberno epañol.
[editar] Biografía
Fernández Villaverde estudou bacharelato no Instituto de San Isidro e posteriormente Dereito na Universidade Central de Madrid, onde con 21 anos se licenciou, especializándose en Dereito mercantil e Facenda pública. Tras alcanzar o grao de doutor, foi nomeado profesor supernumerario de dita Universidade. Afiliado ao Partido Conservador, logrou a acta de deputado polo distrito da Caldas nas eleccións celebradas o 15 de setembro de 1872, nas que Serrano resultou elixido Presidente do Consello de Minsistros.
Xa durante a Restauración, en 1877 foi nomeado director xeneral de Administración local e no seguinte ano da Intervención Xeneral da Administración do Estado. O 22 de marzo de 1880 foi nomeado subsecretario con Fernando Cos Gayón como titular de Facenda, cargo no que cesou o 10 de febreiro de 1881, despois da chegada ao goberno de Sagasta. O 31 de marzo de 1884 foi nomeado gobernador civil de Madrid. O 11 de xullo de 1885 foi nomeado Ministro de Gobernación logo da súa polémica actuación ante a negativa dos comerciantes a cumpriren as medidas decretadas polo Goberno para facer fronte á epidemia de cólera existente na capital. Abandonou o ministerio o 25 de novembro de 1885, cando o falecemento de Alfonso XII, Cánovas cedeu o goberno a Sagasta.
En 1888 foi nomeado membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, lendo un discurso titulado Consideraciones histórico-críticas acerca del sufragio universal como órgano de la representación política en las sociedades modernas. Tras a volta en xullo de 1890 dos conservadores ao goberno, Fernández Villaverde fue nomeado Ministro de Gracia e Xustiza. Como membro da facción silvelista do Partido Conservador, demitíu, como Dato, cuando se produxo o enfrontamento entre Romero e Silvela. O 15 de decembro de 1898 foi elixido membro da Real Academia de la Lengua Española. Porén, por vicisitudes varias non puido tomar posesión ata o 23 de novembro de 1902 cun discurso sobre a poesía española do século XV. Como consecuencia de todo isto, Fernández Villaverde non voltaría ocupar cargos relevantes ata 1899, unha vez que Cánovas faleceu e Silvela alcanzou o liderado do Partido Conservador, que brevemente se denominou Unión Conservadora.
Na formación do primeiro Goberno tras a paz estadounidense, o 4 de maio de 1899, Fernández Villaverde ocupou a carteira de Facenda, baixo presidencia de Silvela. No 17 de xuño dese ano apresentou a lei de orzamentos do exercicio 1899-1900. En setembro do mesmo 1900 foi votado como Presidente do Congreso e substituído en Facenda por Manuel Allendesalazar. O 6 de decembro de 1902 voltarían os conservadores ao poder con Silvela de presidente e Fernández Villaverde como Ministro de Facenda. Non obstante, diverxencias en torno á reconstrucción da escuadra e o seu efecto sobre o equilibrio orzamentar motivaron a súa demisión e posterior substitución por Faustino Rodríguez de San Pedro. Logo das eleccións de maio de 1903, volveu Fernández Villaverde á presidencia do Congreso. Sen embargo, a súa permanencia neste posto sería efémera, pois logo da demisión de Silvela, o 18 de julio de 1903, Fernández Villaverde sería nomeado Presidente do Goberno con Augusto González Besada ocupando a carteira de Facenda. A súa situación foi abondo complicada, pois xunto a oposición dos liberais habería que sumar a argallada caladamente por Silvela, Maura e os seus adeptos, todos correlixionarios seus. Perante tal situación resolveu demitir sendo substituído na Presidencia do Goberno por Maura. Voltaría a ocupar a Presidencia do Gobierno o 27 de xaneiro de 1905. Sen embargo, a oposición contra o goberno da maioría dos deputados do seu partido obrigouno a manter as Cortes pechadas. A reapertura de éstas e as derrotas sufridas no Senado, o 17 de xuño, e no Congreso o día 20 de xuñoo precipitarían a súa dimisión ocorrida o 21 de xuño de 1905. A penas un mes despois falecería na capital do Reino
Predecesor: Francisco Silvela |
Presidente do Consllo de Ministros de España 1903 |
Sucesor: Antonio Maura |
Predecesor: Marcelo de Azcárraga |
Presidente do Consello de Ministros de España 1905 |
Sucesor: Eugenio Montero Ríos |