Rondonia - Rondônia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estado de Rondonia | |
---|---|
Capital | Porto Velho |
Área | 238.512,8 km2 |
Poboación | 1.380.952 (Censo 2000) |
Fuso horario | GMT-4 |
Gobernador | Ivo Cassol |
Mapa de Rondonia no Brasil | |
Rondonia (en portugués, Rondônia) e un estado brasileiro da Rexión Norte. Ten como límite: ó norte o estado do Amazonas; ó este o estado de Mato Groso; ó sur e oeste, a Bolivia; e tamén ó oeste o estado de Acre (Brasil). O seu relevo non e moi ondulado: casi 94% do seu território sitúase entre os 100 e os 600 metros sobre o nivel do mar.
As súas cidades máis importantes son: a capital, Porto Velho, con 380 mil habitantes estimados o 2004; e tamén as cidades de Ji-Paraná, Ariquemes, Cacoal e Vilhena. Os ríos Madeira, Ji-Paraná, Guaporé e Mamoré son os ríos principais.
O seu clima e ecuatorial e a súa economía baseiase principalmente na agricultura (café, cacao, arroz, casava (mandioca) e millo son os principais), na extracción de caucho e madeira e na exploración mineral (estaño).
[editar] Historia
Somente unhas poucas misións relixiosas existían na rexión do actual estado de Rondonia ata o século XVII. Co a descoberta de ouro no vale do Río Cuiabá no século XVIII, os primeiros exploradores comezaron a explorar tamén o vale do río Guaporé.
O seu poboamento comezou a crecer co ciclo de exploración do caucho, a mediados do século XIX, cando moitos migrantes do Nordeste brasileiro instalaronse na rexión. Outro impulso para o poboamento foi a construcción do ferrocarril Madeira-Mamoré, inaugurado o 1907.
En 1943 a rexión tornouse o Território Federal de Guaporé, formado co terras desmembradas dos veciños estados de Amazonas e Mato Groso, e co gobernador nomeado polo Presidente da República. En 1956, o territorio foi baptizado de Rondonia en homenaxe a Cândido Mariano Rondon, militar desbravador da rexión. Despois de 1988, conforme determinou a constitución brasileira, tornouse un estado, pasando a ter o seu gobernador eleito directamente pola poboación.