Senén Bernárdez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Senén Bernárdez Álvarez (24 de maio de 1930 en Gomesende), famacéutico e político galego.
Presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense (1968-1981). Entrou en política coa UCD, pola que foi elixido deputado no Parlamento de Galicia en 1981, trala desaparición da UCD integrouse en Coalición Galega, foi senador (1983) e foi elixido primeiro deputado nacionalista no Congreso dos Deputados dende a República (1986).