Serj Tankian
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Serj Adam Tankian é un cantante de rock armenio-americano. Nado o 21 de agosto de 1967 en Beirut (Líbano). Os seus avós eran armenios. A raíz do xenocidio armenio (perpetrado por Turquía en 1915) a súa avóa foi asasinada e o seu avó tivo que refuxiarse no Líbano.
Os pais de Tankian eran artistas, el comezou a cantar co seu pai e o seu irmán Sevag. Dende neno o seu avó contáballe as inhumanidades que se cometeron no seu país e que terminaron coa vida de moitas persoas inocentes ademais dos seus parentes, quen nunca esquecerán o feito atroz que trocou para sempre as súas vidas. É por iso que Tankian dende sempre recalcou nese tema e loitou para que Turquía recoñeza e pida desculpas pola matanza. Ós 8 anos Tankian viaxou coa súa familia a Estados Unidos debido a problemas no Líbano e á situación económica. Tankian comezou a estudar nunha escola pública armenia chamada Rose & Alex Pilibos Armenian School', n’Os Ánxeles. Foi alí onde coñeceu ó seu amigo Daron Malakian quen tampouco pasaba por un bo momento. Pasou o tempo e Tankian comezou a traballar nun lavado de automóbiles. Logo entrou á Universidade de Northridge (California) onde estudou comercio, artes visuais e música. Tankian toca teclados e ás veces guitarra. Tomou cursos de canto con Mark Goodman.
Co paso dos anos Tankian e Malakian atopáronse nunhas salas de ensaio onde se uniron e formaron un grupo musical chamado Soil. Logo reuníronse con outros dous músicos, chamados Shavo e John, con quen formaron o grupo System of a Down (debido a un poema feito por Malakian chamado Victims of a Down en honra ás vítimas do xenocidio armenio).
Serj pode ser considerado unha persoa de extrema capacidade mental e visual, sendo un activista/poeta/letrista/músico moi activo. Ademais do seu traballo en System of a Down, Tankian comezou tamén o seu propio selo discográfico en abril do 2001, chamado Serjical Strike, nun esforzo de ceibar outro tipo de música esquecida pola corrente dominante. A primeira actuación neste selo foi un proxecto de música experimental co seu amigo e músico Arto Tuncboyaciyan chamado Serart. Recentemente creou, xunto con Tom Morello de Audioslave, un programa de radio e unha organización activista independente, chamada Axis of Justice. Escribiu un libro de poesías chamado "Cool Gardens", que foi publicado por MTV Books.
[editar] Curiosidades
- É vexetariano;
- Fixo un poema chamado "Nations" que empregou durante unha improvisación no Lowlands;
- Unha vez, Daron bateulle coa guitarra na cara, deixándoo inconsciente e co rostro ensanguentado;
- Non lle gusta que digan que as cancións do "Steal This Album!" son sobras. El acha que son até mellores que as de Toxicity;
- Ás veces toca a guitarra nos shows;
- Toca o teclado;
- Non gosta de divulgar a súa vida persoal, pois acha que unha vez público, perde a graza;
- Entre os seus poetas favoritos están T.S. Eliot e William Shakespeare;
- Serj adora o baloncesto;
- Non gosta de asistir á televisión.
System of a Down |
Serj Tankian | Daron Malakian | Shavo Odadjian | John Dolmayan |
Andy Khachaturian |
Discografía de System of a Down |
---|
Álbumes: System of a Down | Toxicity | Steal This Album! | Mezmerize | Hypnotize | |
Singles: War? | Sugar | Spiders | Metro | Prison Song | Chop Suey! | Toxicity | Aerials | Innervision | Boom! | I-E-A-I-A-I-O | B.Y.O.B. | Question! | Radio/Video | Hypnotize | Lonely Day | Kill Rock 'N Roll |
Categorías |
System of a Down | Cancións de System of a Down |