Simón Rodriguez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe ser combinado con Simón Rodríguez
Simón Rodriguez foi un arquitecto barroco galego. Máximo expoñente do barroco de placas. - Naceu en Santiago de Compostela en 1679. De novo traballou no círculo de Domingo de Andrade. Ten tamén unha relación estreita con Casas Novoa. - - Reedificou a igrexa de San Fiz de Solovio onde crea un tipo de torre campanario de enorme éxito e imitación en Galicia. Un só corpo, pequeno basamento e grandes placas con sensación de inestabilidade. - - Pasou un ano na cadea inxustamente co gallo dun derrube, sendo demostrada a súa inocencia no preito posterior. - - Deseña a igrexa de Santa María de Dodro con gran sinxeleza de formas exteriores, pero non así no retablo onde se manifesta o seu estilo inconfundible de placas e cortes fondos. - - Na fachada da portería de Santa Clara en Santiago de Compostela as súas maneiras acadan a madureza e o esplendor. Cun sentido escenográfico insuperable admírase nela o seu prodixio creativo tanto no estructural como no decorativo. Os colosais cilindros levan a sensación de inestabilidade ao paroxismo. - - Realiza varios traballos na catedral compostelá como o altar da virxe de Covadonga, tras os cales os xesuítas encárganlle o retablo da igrexa da Compañía. Vemos aquí grandes esferas, planos superpostos e unha prodixiosa sensación de desequilbrio. - - Máis adiante os mercedarios encargánlle traballos no seu convento de Santa María de Conxo. A súa xenielidade veuse coutada polas indicacións da Real Academia de Belas Artes de San Fernado, na concepción do colosal edificio da igrexa de San Francisco. Onde participa tamén o sonado escultor Xosé Ferreiro. Mentres se ocupa desta obra concibe a capela da orde terceira de San Francisco na Coruña o convento de Santa Clara de Allariz e o retablo da capela compostelá de S.Roque. No puido ver rematado o templo de S. Francisco. Faleceu en 1752. - - -