Sunita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Islam Sunita (سنّة) é a maior seita do Islam, á cal pertencen 85% do total dos musulmáns. Os seguidores da tradición Sunita son os Sunitas (en inglés "Sunnis").
A maioría dos sunitas acredita que o nome deriva da palabra Suna que é a forma de conduta do profeta Mahoma. Alguns afirman porén que Sunita deriva dunha palabra que significa "un camiño moderado" referindose á idea de que o Sunismo toma unha posición mais neutral do que aquela que ten sido apercebida como mais extrema dos Xiitas e dos Caridxitas.
[editar] Historia
No Islam, o desacordo político manifestouse moitas veces no desacordo religioso. O exemplo mais antigo disto foi que 30 anos despois de a morte de Mahoma, a comunidade islamica mergullou nunha guerra civil que deu orixe a tres seitas. Unha causa próxima desta guerra civil foi que os musulmáns do Iraq e do Exipto ressentiranse do poder do terceiro Califa e dos seus gobernadores; outra causa foi a de rivalidades comerciais entre faccións da aristocracía mercantil.
Despois de o asasinato do Califa, a guerra estalou entre grupos diferentes, todos eles lutando polo poder. A guerra rematou coa instauración dunha nova dinastía de Califas, que gobernaban desde Damasco.
Un dos grupos que surgiron desta disputa foi o dos sunitas. Eles téñense como os seguidores da sunna (práctica) do profeta Mahoma tal como relatado pelos seus compañeiros (a sahaba). Os Sunitas tamén acreditan que a comunidade islamica (ummah) se manterá unida. Eles desexaban recoñecer a autoridade dos Califas, que mantiñan o goberno pola lei e persuasón e pola forza, se necesario. Os sunitas tornaranse a maior seita do Islam.
Dous outros grupos mais pequenos surxiron tamén deste cisma: Os Xiitas e os Caridxitas, tamén coñecidos por "disidentes". Os xiitas acreditaban que a única lideranza lexítima era a que viña da liñaxe do primo e xenro de Mahoma, Alí. Os xiitas acreditaban que o resto da comunidade cometera un erro grave ao elexer Abu Bakr e aos seus dous sucesores como líderes.