Tratado de Karlowitz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Tratado de Karlowitz, asinado en 1699 en Karlovci (Karlowitz en alemán; Karlofça en turco, cidade da rexión serbia de Voivodina), rematou a Guerra Austro-Otomana de 1683-1697, que resultou na derrota otomana.
O tratado foi asinado o 26 de xaneiro de 1699, tras un congreso de dous meses de´duración entre o Imperio Otomano, dun lado, e a Santa Liga (coalición formada por diversas potencias europes, inclusive o Impeio Habsburgo, a Unión Polaco-Lituana, a República de Venecia e o Imperio Ruso. Not tratado, os otomanos cederron a maior parte de Hungría, Transilvania e Eslavonia a Austria, e Podolia a Polonia. A maior parte de Dalmacia foi entregue a Venecia, xunto con Moreia (a Península do Peloponeso), que os otomanos gañaram no Tratado de Passarowitz en 1718.
O Tratado de Karlowitz marcou o comezo do declínio otomano na Europa Oriental e o auxe do Imperio Habsburgo, a potencia dominante no sudeste de Europa.