Tratado de Tordesillas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese como Tratado de Tordesillas ó asinado en Tordesillas, Castela na actual provincia de Valladolid, o 7 de xuño de 1494 - define a división do Novo Mundo entre España e Portugal.
O tratado establece unha división entre somente os dous estados signatarios, tendo como liña divisoria o meridiano localizado a 370 leguas (1770 km) ao oeste das illas de Cabo Verde - meridiano que se situaría hoxe a 46° 37' oeste.
Foi ratificado pola España en Arévalo o 2 de xullo e por Portugal en Setúbal o 5 de setembro do mesmo ano.
Índice |
[editar] Antecedentes
[editar] Tratado de Alcaçobas
[editar] Bulas Alexandrinas
En 1481, a bula pontifical Æterni regis garantiza a Portugal todas as terras ao sur das illas Canarias. En maio de 1493, o Papa Alexandre VI - de orixe española - decretou pola bula Inter cætera que as novas terras descobertas situadas a oeste dun meridiano a 100 léguas das illas do Cabo Verde pertencerian á España, e as terras a leste deste meridiano pertecerian a Portugal.
A bula excluía todas as terras coñecidas xa baixo control dun estado cristián. A bula non agradou ao rei Xoán II de Portugal, que abriu negociacións cos soberanos españois Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela para mover a liña máis a oeste, argumentando que o meridiano en cuestión se estendia baixo todo o globo, limitando así as pretensións españolas na Asia. O tratado contrariaba a bula de Alexandre VI, mais foi aprobado polo Papa Xulio II nunha nova bula de 1506.
[editar] O Tratado
O tratado resolvía os conflictos que seguiron á descoberta do Novo Mundo por Cristobo Colón. Segundo Juán Pérez de Tudela foi o froito do espíritu do Tratado de Alcaçobas. Significa non só a consecución da vontade de esquivar un conflicto, senon un acto de sumisión recíproca.
O acto final das negociacións levouse a cabo sin os reis, os cuais delegaran os seus poderes nuns procuradores plenipotenciarios, tres por cada nación. Por parte de Portugal: Ruy de Sousa, o seu fillo Juan de Sousa e o licenciado Aires Dalmada. Esteban Vaez asiste como notario. Por Castela: Enrique Enriquez, Gutiérre de Cárdenas comendador maior de Santiago e contador real, e o doutor Rodrigo Maldonado.
Aínda que os acordos foron asinados o día 7 de xuño ambas partes estableceron darse un prazo para ratificalos, 50 días para o Tratado Africano e 100 días para o Tratado Oceánico.
Moi poucas das novas terras foran xa vistas, pois foron determinadas polo tratado e non por exploracións. España viase así coa case totalidade das Américas. No entanto, cando Pedro Álvares Cabral descobriu o Brasil en 1500, a parte oriental das novas terras foron atribuídas a Portugal, e España non tivo meios necesarios para garantir os limites do Tratado e impedir a expansión portuguesa para o oeste.
As outras potencias marítimas europeas (Francia, Inglaterra, Países Baixos, etc.) foron totalmente excluídas do Tratado, non tendo así dereito algun sobre as novas terras. Puderon somente recorrer á piratería e ao contrabando para explorar as riquezas do Novo Mundo, mais a situación mudou cando apareceu o Protestantismo e a autoridade papal foi rexeitada. A situación ficou representada pola frase de Francisco I de Francia, pedindo para ver a cláusula no testamento de Adán que excluía a Francia desta división de terras.
Coa volta ao mundo de Fernán de Magalláns, unha nova disputa xurdiu a fín de localizar a continuación da liña de demarcación no outro lado do mundo. Unha das terras disputadas polos dous signatarios era o arquipélago das Molucas, importante rexión debido a suas especias. Despois de moitas negociacións, o tratado de Zaragoza, asinado o 22 de abril de 1529, define a continuación do meridiano a 297,5 leguas a oeste das Molucas, con vantaxe para Portugal, recebendo España unha compensación financeira.
[editar] Vexa tamén
- Lista de tratados