Fernán de Magalláns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fernán de Magalláns , en portugués Fernão de Magalhães, (1480-1521) foi un navegador portugués que, ao servizo do rei de España; foi o primeiro a pasar o Estreito de Magalláns e o primeiro europeo a navegar no Océano Pacífico. Fernán de Magalláns morreu nas Filipinas. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circum-navegación.
Con 25 anos alistouse na armada que foi á India mandada por Francisco de Almeida, mais o seu nome non figura nas crónicas; sabese sen embargo que permaneceu alí oito anos, que estivo en Goa, Cochín, Quíloa, que acompañou Diogo Lopes de Sequeira a Malaca, viaxe que acabou en naufraxio.
Neste período de tempo que viveu no Oriente, Magalláns estableceu estreitas relacións de amistade con Francisco Serrán, que veu a ser feitor nas Molucas; del tería tido informacións referentes á situación dos lugares productores de especias.
Tendose distinguido na defesa de Azamor, pediu a Manuel I de Portugal unha recompensa polos seus feitos; mais os comentarios que corrían sobre a maneira pouco escrupulosa como dividira as presas dunha incursión máis rica tiñan chegado aos ouvidos do Rei, levouno a xustificar perante o Rei que ,a pesar de consideralo inocente, non lle concedeu as mercés pedidas. En 1517, amadurecido co proxecto, vai a Sevilla con Rui Faleiro, tendo atopado no feitor da Casa de la Contratación daquela cidade un adepto do seu proxecto; podia ofrecer ao Rei de España a posibilidade de chegar ás Molucas por mares non reservados aos portugueses no Tratado de Tordesillas e, alén diso, segundo Faleiro, probaríase que aquelas illas das especias se situaban no hemisferio castellano. Coa influencia do bispo de Burgos conseguiron a aprobación do proxecto por parte de Carlos V, e comezaron os preparativos para a viaxe, cheos de incidentes; despois da ruptura con Rui Faleiro, Magalláns continuou a aparellaxe dos cinco navíos que, con 256 homes de tripulación, partiron en setembro de 1519.
[editar] A expedición
A armada fixo escala nas Canarias e alcanzou a costa da América do Sur, continuando para sur atinxiron o porto de San Xulián á entrada do estreito de Magalláns, onde o capitan decidiu hibernar; estalou entón unha revolta contra a súa autoridade que el conseguiu dominar con habilidosa astucia. Despois de cinco meses de paraxe, Magalláns atopou a saída do estreito, iniciando a travesía do Océano Pacífico, que levou preto de catro meses, comezando a fame e a doenza a dicimar a tripulación. Ancorados nas Filipinas en 1521, inmediatamente comezaron cos indíxenas as trocas comerciais; as grandes dificuldades da viaxe foran vencidas, mais foi en Cebú onde, atraído a unha emboscada, Fernán de Magalláns é morto. Baixo o mando de Sebastián del Cano, decidiron queimar a nau Concepción e contornar o Océano Índico polo sur, a fin de non atoparen navios portugueses. A nau Victoria dobrou o Cabo da Boa Esperanza en 1522, fixo escala en Cabo Verde, alcanzando finalmente o porto de san Lucar de Barrameda, soamente con dezaoito homes na tripulación.
Nave | Tonelaxe | Tripulación |
---|---|---|
Trinidad | 110 | 55 |
San Antonio | 120 | 60 |
Concepcion | 90 | 45 |
Victoria | 85 | 42 |
Santiago | 75 | 32 |
Total: 234 |
[editar] O regreso
O 6 de setembro de 1522, Juan Sebastián Elcano e a restante tripulación da expedición de Magalláns e o último navío da frota, Victoria, regresaron a España, prácticamente transcorridos tres anos da partida. A expedición de feito trouxo poucos beneficios financeiros. A tripulación non recebeu o seu ordenado completo.
Este 18 homes regresaron a Sevilla no Victoria a 1522 | |
Nome | Posto |
Juan Sebastian de Elcano, de Getaria | Mestre |
Francisco Albo, de Axio | Piloto |
Miguel de Rodas | Piloto |
Juan de Acurio, de Bermeo | Piloto |
Antonio Lombardo (Pigafetta), de Vicenza | Supernumerario |
Martín de Judicibus, de Xénova | Xefe de embarcación |
Hernando de Bustamante, de Alcántara | Mariñeiro |
Nicholas o Grego, de Nápoles | Mariñeiro |
Miguel Sánchez, de Rhodes | Mariñeiro |
Antonio Hernandez Colmenero, de Huelva | Mariñeiro |
Francisco Rodrigues, Portugués de Sevilla | Mariñeiro |
Juan Rodríguez, de Huelva | Mariñeiro |
Diego Carmena | Mariñeiro |
Hans de Aachen | Artilleiro |
Juan de Arratia, de Bilbao | Mariñeiro |
Vasco Gomez Gallego o Portugués, de Baiona | Mariñeiro |
Juan de Santandrés, de Cueto | Grumete |
Juan de Zubileta, de Barakaldo | Paxe |
Apenas catro homes dos 55 da tripulación orixinal do Trinidad finalmente regresaron a España en 1525.