Twin Peaks
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Twin Peaks (¿Quen asasinou a Laura Palmer?) foi, nos primeiros anos noventa, unha das series televisivas máis influíntes en todo o mundo. Dirixida e producida por Mark Frost e David Lynch e interpretada por Kyle MacLachlan, Warren Frost, Everett McGill, Jack Nance e Ray Wise entre outros. Rodada en dous idiomas, inglés e islandés, a serie constaba de 29 episodios de 47 minutos cada un. Gañadora de tres Globos de Ouro e outros seis premios, foi aclamada pola prensa e o público dende a súa estrea nos Estados Unidos de América, o 8 de Abril de 1990, ata o último capítulo, emitido o 28 de xuño de 1991. En España emitiuse por primeira vez no ano 1991.
[editar] Sinopse
Esta serie amosa o transcurso dunha investigación do FBI dirixida polo Axente Especial Dale Cooper (Kyle MacLachlan) verbo do asasinato dunha moza do pobo de Twin Peaks, Laura Palmer. Outros personaxes relevantes son Leland Palmer, o pai da moza asasinada; o Shérif Harry S. Truman; o Doutor William Hayward e a súa filla, Donna Hayward; Benjamin Horne, o dono do Gran Hotel do Norte; o Gran Ed Hurley, dono da Gasoliñeira; Margaret Lanterman, a muller do madeiro e Bob, un espírito malvado que actúa no nome da Casa Negra. Todos estes personaxes configuran unha trama policíaca e dramática con momentos dunha grandísima tensión.
[editar] Curiosidades
Pódese destacar que o propio David Lynch interpreta a un dos personaxes que aparecen na serie: o Axente Gordon Cole, un membro do FBI xordo que axuda ao Axente Especial Dale Cooper no caso.