Un
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
1 | ||
Cardinal | Uno | |
Ordinal | Primeiro, -a Primo,-a |
|
Factorización | N/A | |
Numeración romana | I | |
Sistema binario | 1 | |
Sistema hexadecimal | 1 | |
Propiedades matemáticas | ||
φ(1)
= 0 |
τ(1) = 1 | σ(1) = 1 |
π(1) = 0 | μ(1)
= 1 |
M(1) = 1 |
O un (1) é o número enteiro que se sitúa logo do cero e antes do dous.
O un é o elemento neutro do produto, é dicir, calquera número a multiplicado por 1 volve dar a.
Aínda que en teoría pode considerarse un número primo (xa que os seu único divisor é un), tómase como convenio que non o é. Se o fose, entón os números naturais non terían unha factorización única (salvo orde), senón que terían infinitas (por exemplo, 6 = 2x3 = 1x2x3 = 1x1x2x3 = ...) e as definicións de moitas propiedades matemáticas veríanse afectadas, por exemplo a dos números perfectos.
O 1 é tanto o primeiro termo como o segundo da sucesión de Fibonacci. O seguinte termo da sucesión é o 2.
En informática o 1 asóciase coa posición de "acendido" en lóxica positiva e coa posición de "apagado" en lóxica negativa e é un dos dous díxitos do sistema binario.
Existen varios prefixos que significan un e participan na construción dunha gran cantidade de palabras de uso cotián: mono e uni, como en monóculo e univalente.
En moitas culturas o 1 represéntase mediante un punto ou un trazo (horizontal, vertical ou máis ou menos sinuoso). Por exemplo, na numeración romana (I), na numeración chinesa (一), na árabe (١), na hangzhou (〡), na bengalí (১) ou na tibetana (༡).
Na simboloxía cristiá, o 1 simboliza a Unidade e o Principio Creador do que proceden tódalas cousas
Ciencia exacta que comprende ou está relacionada coas seguintes disciplinas:
- lóxica
- álxebra
- cálculo
- aritmética
- topoloxía
- xeometría
- trigonometría
- combinatoria
- probabilística
- estatística
- teoría do caos
Do mesmo xeito, os seus campos de actuación teóricos e prácticos teñen moita relación con:
- personalidades das matemáticas
- filosofía
- economía
- cibernética
- informática
- física
- química
- numeroloxía
- terminoloxía