Val de Arán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]() |
|
![]() |
|
Provincia | Lleida |
Capital | Viella |
Maior cidade | Vielha |
Xentilicio (Catalán, Aranés) | Aranès |
Xentilicio (Galego) | Aranés |
Poboación (2005) | 9.219 hab |
Área | 620.47 Qm2 |
Densidade de poboación | 14,55 Hab/Qm2 |
Concellos | 9 |
Terçons | 6 |
O Val de Arán, oficialmente en aranés Val d'Aran, un pequeno val (620.47 Qm2), é unha comarca ubicada no noroeste da Cataluña. Limita ó norte coa Francia e coa provincia aragonesa de Huesca ao suroeste, ao sur coa comarca catalá da Alta Ribagorza e ao leste coa de Pallars Sobirà. A súa capital é Viella (Vielha), e ten unha poboación de 2.834 hab. segundo o censo do 2003. Ten a súa lingua propria, o aranés, unha variedade occitana do grupo gascón. O aranés conta co estatus de lingua oficial no Val. O aranés, xunto co catalán e o castelán, é lingua oficial no Val de Arán.
A teoría máis difundida estabelece que Val d'Aran é, na realidade, un pleonasmo, xa que significaría "Val do Val" (Arán procede do antigo euskera haran, que tamén significa val). En aranés, a denominación Val d'Aran a miúdo aparece escrita como era Val d'Aran usando o artigo feminino como parte do nome. En catalán, denominaríase la Vall d'Aran e en castelán el Valle de Arán.
Índice |
[editar] Xeografía
Constitue a única rexión de Cataluña que dispón de augas fluviais desembocantes no Océano Atlántico: o río Garonanace no val e atravésao para ir desembocar no Océano Atlántico despois de atravesar toda a Gascuña. Tamén ten unha pequena parte de bacía mediterránea, xa que o río Noguera Pallaresa nace a un centenar de metros do Garona, pero inicia o seu curso en dirección contraria. O trinta por cento do territorio está por riba dos 2.000 metros de altitude.A comarca caracterízase polo clima atlántico, debido á súa orientación, moi distinta á doutros vales da área.
[editar] Economía
Tradicionalmente, a economía do val baseouse na gandaría e na explotación forestal.
Porén, na actualidade o turismo (tanto no inverno como no verán) é o motor da economía do val. Dous elementos por riba doutros favoreceron o turismo: a apertura do túnel de Viella e a estación de esquí de Baqueira Beret. A mestura dos dous acontecementos fixo que unha comarca de antiga tradición pastoril se convertera nun importante foco de turismo e unha das rexións coa maior renda per cápita da Cataluña.
[editar] Historia
Poboado desde a prehistoria como o resto de vales pirenaicos, o Val foi incorporado ao Imperio Romano. Non resulta claro cando, pero parece que cando Xulio César comeza a conquista da Galia, o alto val do Garona pertence xa ao imperio. A romanización penetraría a través dunha vía romana que, procedente de Toulouse, atravesaba o val e pasaba ao Pallars a través do porto da Bonaigua. A importancia da romanización próbana topónimos como Viella e a presenza de lápidas e ronseis funerarios. Coa caída do imperio, os vales quedaron abandonados á súa sorte e sucédense uns séculos sen ningunha referencia ao Val.
As primeiras referencias concretas ao Val de Arán aparecen no século X no que o val aparece formando parte do Condado de Cominges (Comminges), que domina o alto Garona. En 1175, o val pasa a formar parte da Coroa de Aragón mediante o Tratado de Amparanza (ou Emperanza) asinado co rei Afonso I. No ano 1192 hai referencias da construción do Hospital de Viella para lles dar acubillo aos viaxeiros.
O val muda de señor varias veces durante os séculos XII e XIII, sendo sucesivamente invadido polos franceses e recuperado pola Coroa de Aragón. En 1298, grazas ao convenio de Argelers, determinouse que o Val de Arán ficaría provisionalmente baixo a administración do Reino de Mallorca mentres as partes en conflito non chegasen a un acordo. Finalmente, en 1313 os araneses decidiron por votación popular a permanencia na Coroa de Aragón ao mesmo tempo que Xaime II lle outorgou ao Val de Arán o conxunto de privilexios denominado [[Era Querimònia]], verdadeira carta magna de Arán, ratificada por todos os reis até Fernando VII.
En 1411, o Síndico de Arán ofreceu a unión libre e pactada de Arán cos condados cataláns, a cal foi aceptada polas cortes de Cataluña.
O Val de Arán foi asolado durante a Guerra de Secesión de Cataluña (1645), ao se manter fiel ao rei Filipe IV. Máis tarde, móstrase partidario de Filipe de Anjou durante a Guerra de Sucesión Española, polo que o Decreto de Nova Planta de 1716, que suprimiu as institucións políticas dos reinos da Coroa de Aragón, non afectou ao réxime político-administrativo do Val de Arán, de forma que este non foi incorporado a ningún dos novos correxementos en que se dividiu Cataluña. Filipe V mesmo dispensa o Val do uso do papel selado.
Parte da invasión napoleónica de España prodúcese polo porto de Viella(1810) e Napoleón incorpora o Val ao departamento francés da Haute-Garonne. Tras a caída de Napoleón, o Val é devolto á coroa española en 1815. En 1833, durante a rexencia de María Cristina, e en plena Primeira Guerra Carlista, suprímense as institucións tradicionais aranesas e inclúese o Val de Arán no novo réxime administrativo xeneral de España, incluíndoo na recentemente creada provincia de Lleida.
O século XX mostra tres feitos significativos para o Val de Arán:
- A apertura de comunicacións co resto de España. Durante o inverno, o Val de Arán ficaba incomunicado. O primeiro fito foi a construción da estrada do porto da Bonaigua, inaugurada en 1924, a cal permitiu a comunicación con Cataluña. O segundo foi a construción do túnel de Viella. Aínda que os primeiros proxectos se elaboran no ano 1832 por enxeñeiros franceses, o túnel non foi inaugurado até o ano 1948, permitindo o paso de circulación normal en 1965. Agora encóntrase en proxecto de modernización.
- A invasión do Val de Arán por guerrilleiros antifranquistas españois (baixo dirección comunista) desde Francia en 1944 ("Operación Reconquista"). A intención destes guerrilleiros, na seu maior parte veteranos da guerra civil española e a Resistencia francesa, era renovar a guerra en España estabelecendo unha cabeza de ponte en territorio español, na crenza de que, unha vez comezada esta, os aliados os axudarían a derribar o goberno de Franco. O 19 de outubro de 1944 uns tres mil homes penetran no val. Con todo, a falta de apoio popular, o feito de que o goberno español estivese ao tanto dun posíbel ataque e a carencia de armamento pesado impídenlles tomar Viella ou o porto da Bonaigua, de forma que as tropas franquistas rexeitan fácilmente a invasión. O 27 de outubro iníciase a retirada do que foi o último intento de derrotar a Franco pola forza. Segundo os datos oficiais, na Operación Reconquista morreron 129 guerrilleiros, 214 catorce foron feridos e 218 feitos prisioneiros, dos que a unha boa pate lle foi aplicada a pena de morte.
- A recuperación parcial dos privilexios e foros do Val de Arán. Durante a Segunda República española apareceron novas demandas da restauración do Conselh Generau d'Aran. O Centre Aranés constituído pola elite aranesa residente en Barcelona pediu formalmente nunha carta dirixida ao presidente da Generalitat de Cataluña que o Estatuto de Autonomía, que se estaba redactando naqueles momentos, contemplase a restauración do Conselh Generau d'Aran e a restauración dalgúns privilexios históricos. A Guerra Civil española e a ditadura de Franco acabaron con calquera intento de restauración da autonomía aranesa. Non foi até 1990, mediante a Lei 16/1990, de 13 de xullo, sobre o réxime especial do Val de Arán (desenvolvemento da disposición adicional primeira do Estatuto de Autonomía de Cataluña) que se restauraron parte dos dereitos históricos do Val de Arán. Así, restabeleceuse o Conselh Generau d'Aran e o Síndic d'Aran como principais institucións da organización administrativa propia do Val de Arán, así como a oficialización do aranés.