Wade-Giles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wade-Giles, ás veces abreviado como Wade, é un sistema de romanización (notación fonética e transliteración) para o idioma chinés baseado na fonética do mandarín. Comezou a desenvolverse a partir dun sistema ideado por Thomas Wade a mediados do século XIX, e consolidouse co dicionario chinés-inglés de Herbert Giles. Foi o sistema de transliteración máis importante no mundo anglófono durante a maior parte do século XX.
[editar] Historia
O sistema Wade-Giles foi deseñado para que os especialistas chineses transliterasen termos chineses. Esta orixe conduciu á sensación xeneralizada de que o sistema non é intuitivo para os leigos nin útil para o ensino da pronunciación do chinés.
A República de China utilizou o Wade-Giles durante décadas como sistema padrón de facto, en coexistencia con varios sistemas de romanización oficiais que se sucederon correlativamente: Gwoyeu Romatzyh (1928), MPS II (1986) e Tongyong Pinyin (2000). Na actualidade, practicamente todos os topónimos taiwaneses de uso internacional pódense ver en Wade-Giles. Moitos estadounidenses e canadenses de orixe taiwanesa escriben os seus nomes chineses co sistema Wade-Giles, facendo caso omiso da puntuación.
O Hanyu Pinyin é o sistema oficial e máis utilizado na República Popular China. En Singapur, o Pinyin ensínase nas escolas nacionais e utilízase en documentos oficiais, aínda que un cambio de política gobernamental reverteu o requisito de rexistrar os nomes chineses en Pinyin.