Xaime, duque de Madrid
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xaime de Borbón e Borbón-Parma (Vevey 1870 - París 1931) foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Xaime III (1909-1931), tamén coñecido como duque de Madrid.
Serviu no exército ruso e loitou contra os bóxers en China (1900) e participou na campaña de Manchuria (1904).
Á morte de Carlos VII asumiu a xefatura do carlismo e durante o seu "reinado" o carlismo coñeceuse como xaimismo. Encargou a Juan Vázquez de Mella a secretaría política do carlismo en España, aínda que mantivo como representante do pretendente a Bartolomé Feliú, que o seu antecesor nomeara uns días antes de morrer. Pero as relacións entre Vázquez de Mella e Xaime foron nunca foron boas.
Durante a Primeira Guerra Mundial Xaime viviu baixo arresto domiciliario en Austria polo seu apoio a Francia e aos aliados, sen case comunicación coa dirección política carlista en España. Tras a guerra trasladouse a Francia e asumiu persoalmente a dirección do carlismo disolvendo a xunta que o gobernaba e provocou a saída de Vázquez de Mella e os mellistas do carlismo en 1919. Aínda que nun primeiro momento apoiou a ditadura de Primo de Rivera, a partir de 1925 opúxose a ela. Tras a proclamación da república en España mantivo conversas con Afonso XIII para unificar as dúas pólas da dinastía carlista, pero a morte de Xaime o 2 de outubro de 1931 impediuno. Sucedeuno como pretendente carlista o seu tío Afonso Carlos.